POLÍGONO, COLEXIO E CASTELO DE NARAÍO NAS EMENDAS DO BNG AOS ORZAMENTOS DA XUNTA

San Sadurniño avanza grazas ao Concello, falta que a Xunta cumpra a súa parte

Secundino Garcí xunto a Món Fernández e o BNG de San Sadurniño
Secundino Garcí xunto a Món Fernández e o BNG de San Sadurniño
O alcalde, Secundino García, afirma estar orgulloso do traballo realizado polo BNG no Concello desde que chegou ao goberno, “todo o mundo puido apreciar o cambio, San Sadurniño avanza grazas ao Concello, falta que a Xunta cumpra a súa parte”.
San Sadurniño avanza grazas ao Concello, falta que a Xunta cumpra a súa parte

O BNG defenderá varias emendas parciais aos orzamentos da Xunta que atinxen directamente ao Concello de San Sadurniño. O grupo municipal do BNG e o deputado no Parlamento Galego, Mon Fernández, visitaron algún dos lugares nos que se centran as emendas.

O alcalde, Secundino García, afirma estar orgulloso do traballo realizado polo BNG no Concello desde que chegou ao goberno, “todo o mundo puido apreciar o cambio, San Sadurniño avanza grazas ao Concello, falta que a Xunta cumpra a súa parte”.

Desenvolver o Polígono da zona da Bidueda é fundamental para o desenvolvemento do Concello, “temos moitos proxectos, pero somos un Concello pequeno e precisamos o apoio e os recursos da Xunta de Galiza”. Este polígono é un vello proxecto do Concello de San Sadurniño que leva bloqueado na Xunta de Galiza desde que o 1º goberno de Feijoo tomara posesión no ano 2009.

Trátase dunha zona de 700.000m2 na que se atopan empresas como INTASA, METALFRA ou PENA, que xa conta con boa parte dos trámites urbanísticos e estudos técnicos necesarios, froito dun convenio con Xestur asinado no ano 2007, polo que o único que compre na actualidade é a vontade política da Xunta de Galiza e a correspondente consignación orzamentaria para poder executalo.

O BNG tamén demandará unha actuación integral no centro de ensino, que precisa de multitude de reparacións, asfaltado da entrada, retirada de uralita en mal estado, substitución da caldeira de gasoil, etc, e na mesma sección do orzamento, educación e patrimonio cultural, demandará axuda para continuar coa rehabilitación do castelo de Naraío, outro dos proxectos do Concello aparcados por falta de axuda da Xunta de Galiza.

San Sadurniño avanza grazas ao Concello, falta que a Xunta cumpra a súa parte