O BNG inclúe as demandas de San Sadurniño nos orzamentos da Xunta

O deputado, Mon Fernández, co alcalde, Secundino García
O deputado, Mon Fernández, co alcalde, Secundino García
As emendas do BNG aos orzamentos xerais de Galiza para o Concello de San Sadurniño: un parque industrial na Bidueda e investimentos para o Castelo de Naraío
O BNG inclúe as demandas de San Sadurniño nos orzamentos da Xunta

O BNG defenderá varias emendas parciais que atinxen directamente á comarca de Ferrol no trámite orzamentario que comeza a vindeira semana no Parlamento Galego. Entre elas dúas demandas do Concello de San Sadurniño.

En primeiro lugar a creación dun parque industrial na zona da Bidueda, un vello proxecto do Concello de San Sadurniño que leva bloqueado na Xunta de Galiza desde que o 1º goberno de Feijoo tomara posesión no ano 2009.

Este proxecto, nunha zona de 700.000m2 na que se atopan a día de hoxe industrias como INTASA, talleres como METALFRA, e outras empresas como PENA, xa conta con boa parte dos trámites urbanísticos e estudos técnicos necesarios, froito dun convenio con Xestur asinado no ano 2007, polo que o único que compre na actualidade é a vontade política da Xunta de Galiza e a correspondente consignación orzamentaria para poder executalo.

Este parque industrial é absolutamente necesario para urbanizar e ordenar o desenvolvemento dunha zona de gran potencial, pola propia presencia de INTASA, e pola súa situación moi próxima a Ferrol e ás Pontes, mais que actualmente está en moi mal estado.

Por outra banda, continuar cos traballos de rehabilitación do Castelo de Naraío é outra prioridade para o BNG local, un monumento que fala dunha época fundamental na historia de Galiza, e que cos investimentos necesarios haberá de ser motivo de orgullo para todos os veciños e veciñas ademais dun gran atractivo para visitar o Concello.

O BNG inclúe as demandas de San Sadurniño nos orzamentos da Xunta