O BNG reunirase cos representantes do persoal de Galicia Textil

O deputado Mon Fernández
O deputado Mon Fernández
Unha representación do BNG da comarca de Ferrol e o deputado no Parlamento Galego,Mon Fernández. reuniranse cos representantes do persoal para coñecer a problemática da empresa
O BNG reunirase cos representantes do persoal de Galicia Textil

O BNG vén de concretar unha reunión cos representantes do persoal da empresa téxtil de Xuvia, unha das máis antigas da comarca, que se celebrará este venres no local da formación política.

Polas novas aparecidas en prensa e despois das primeiras conversas de contacto cos representantes sindicais estamos ante un novo golpe ao tecido empresarial da comarca, novamente no sector industrial, que pretende de inicio reducir o seu cadro de persoal a menos da metade do que ten actualmente. 

Desde o BNG manifestan o seu apoio ao persoal da empresa, e denuncian que esta nova crise non é máis que outra evidencia da necesidade premente de contarmos con un goberno que teña un proxecto político, económico e social para Galiza, autocentrado no noso país, que rache dunha vez co fracaso das políticas industriais e de promoción económica dos gobernos estatal e galego, viradas complemente á defensa dos resultados económicos das grandes corporacións así como dos intereses políticos de Madrid.

O BNG reunirase cos representantes do persoal de Galicia Textil