O BNG reúnese cun grupo de persoas afectadas pola canteira de Viñas nas Somozas

Mercedes Tobío
Mercedes Tobío
A Xunta segue sen actuar malia as denuncias presentadas, e as pistas e a contorna da canteira continúan deteriorándose sen que o Concello tampouco faga nada
O BNG reúnese cun grupo de persoas afectadas pola canteira de Viñas nas Somozas

ercedes Tobío, Mon Fernández e Suso Soto, mantiveron no día de onte unha reunión con un grupo das persoas afectadas pola canteira despois de visitar a zona e comprobar o estado das pistas e a contorna da canteira.

As molestias e os problemas derivados da falta de medidas de protección, mesmo daquelas previstas na propia declaración de efectos ambientais da canteira, así como polo elevado tránsito e o peso de camións, até 32 diarios, son cada vez máis evidentes na parroquia de Recemel, no Concello das Somozas.

A agrupación veciñal denunciante segue a demandar a intervención da Xunta de Galiza para velar polo cumprimento da normativa, así como tamén outra actitude por parte do Concello, ao que acusan de desentenderse do problema, facilitando así a actividade da canteira e provocando a desprotección dos veciños e veciñas.

O BNG comprometeuse a levar de novo ao Parlamento este problema, concretamente á comisión de industria do vindeiro día 16 de decembro, e demandar da Xunta o cumprimento das súas obrigas de control da actividade mineira.

O BNG reúnese cun grupo de persoas afectadas pola canteira de Viñas nas Somozas