O BNG QUERE SER O XASTRE QUE CONFECCIONE O TRAXE À MEDIDA QUE PRECISAN AS FRAGAS

O BNG REÚNESE COAS COMUNIDADES DE PROPIETARIAS DAS FRAGAS DO EUME

reunión sobre as Fragas do Eume
reunión sobre as Fragas do Eume
Mon Fernández, candidato comarcal do BNG, sinalou así mesmo que as actuacións que se fagan neste parque natural teñen que facerse tendo en conta e de común acordo cos propietarios e propietarias dos terreos incluidos neste parque. 
O BNG REÚNESE COAS COMUNIDADES DE PROPIETARIAS DAS FRAGAS DO EUME

Ferrol 6 de febreiro de 2024. Mon Fernández, candidato comarcal do BNG ao Parlamento Galego, mantivo esta maña un encontro con representantes das Asociacións de propietarios/as do Parque das FRAGAS DO EUME para expor as propostas do BNG para o futuro deste parque natural que o BNG quere darlle o valor que realmente ten e potencialo diante da situación total de abandono ao que o ten sometido o goberno de Rueda durante os últimos 15 anos.

 

Mon Fernández, candidato comarcal do BNG, sinalou así mesmo que as actuacións que se fagan neste parque natural teñen que facerse tendo en conta e de común acordo cos propietarios e propietarias dos terreos incluidos neste parque e asegurou que o vindeiro goberno da Xunta liderado polo BNG vai implicarse e ter unha xestión activa desta ruiqueza natural e patrimonial do noso país.

 

O BNG considera que a xestión das Fragas do Eume precisa un traxe á medida e o BNG quere ser o xastre que o confeccione.

 

Asi mesmo desde o BNG consideran que hai que ser cautos coas promesas eleitorais que se lles poidan facer as comunidades de propietarios/as e que hai que implicalas na xestión do parque polo que a súa participación nas decisións que se tomen debe ser escoitada e garantir os seus dereitos sobre o mesmo, polo que aposta por abrir canles de dialogo e acordos e estudiar as accións que se tomen sobre estes terreos ben sexa pola compra de terreos por parte da administración ou polo estabelecemento de compensacións. Non podemos esquecer que no parque natural viven persoas e debemos compatibilizar os usos das terras garantindo a preservación de toda a riqueza natural deste bosque autóctono único no noso país.

 

Asi mesmo desde o BNG censurouse as actuacións do goberno do Partido Popular quen aprobou un PRUX ás presas, sen apenas dialogo cos propietarios e logo de ter as Fragas do Eume no máis absoluto abandono.

 

O BNG REÚNESE COAS COMUNIDADES DE PROPIETARIAS DAS FRAGAS DO EUME