O BNG reclama a adxudicación do contrato de mantemento de NAVANTIA a unha única empresa para preservar os dereitos do persoal
O deputado do BNG Mon Fernández vén de presentar unha iniciativa na que demanda a paralización do actual proceso de adxudicación por considerar que a prohibición de que un único licitador se faga con todos os lotes do contrato supón un grave prexuízo para o persoal que actualmente presta o servizo
Por outra banda a prestación do servizo a través de un único adxudicatario favorece a polivalencia funcional do persoal, o que ademais evita a subactividade, e ao mesmo tempo reduce os custos indirectos de estrutura. O que, en conxunto, implica unha maior estabilidade no emprego para os traballadores e traballadoras, e unha garantía de calidade na prestación do servizo.
De feito, e isto é de resaltar, o centro de Navantia Ría de Ferrol é o único de todos os de Navantia que promove esta división do servizo de mantemento entre diferentes empresas.
Para o BNG todo parece indicar que se trata de unha operación de represalia contra un colectivo que protagonizou unha folga moi conflitiva durante o mes de outubro do ano 2019 na defensa dos seus lexítimos intereses.
Unha operación de represalia que debe ser paralizada e condenada de inmediato polos máximos responsables da empresa, cargos políticos en última instancia, para evitar que se produzan danos de difícil reparación ao conxunto do persoal, ou a calquera das empresas que de boa fe poidan resultar adxudicatarias no actual proceso