O BNG presenta as liñas de actuación para os vindeiros meses na comarca

Pilar Lozano e membros da Executiva Comarcal
Pilar Lozano e membros da Executiva Comarcal
O BNG desenvolverá unha intensa actividade centrada na defensa do Galego e na figuar de Castelao.
O BNG presenta as liñas de actuación para os vindeiros meses na comarca

Ferrol 16 de xaneiro de 2015. Pilar Lozano, Responsábel Comarcal do BNG en Ferrolterra, acompañada de membros da nova executiva comarcal presentou esta mañá as liñas de traballo que vai desenvolver o BNG nos vindeiros meses e que estarán centradas ns defensa do Galego e a conmemoración do ano Castelao.

 

Pilar Lozano avanzou que a defensa do galego foi e será sempre unha prioridade política do BNG e que por iso mesmo vaise intesnsificar o esforzo pola plena recuperación, dignificación e normalización da nosa lingua. Avanzou que o BNG vai ter unha implicación activa na reactivación da Plataforma Queremos Galego participando na organización do Plenario Comarcal desta plataforma que terá lugar o vindeiro día 23 de xaneiro às 20 h. No Antigo Hospicio de Ferrol con vistas a grande manifestación nacional que terá lugar o Dia de Rosalia (23 de febreiro) en Compostela.

 

Asi mesmo indicou Lozano que o BNG vai desenvolver unha campaña propia para conmemorar o Ano Castelao coincidindo co 75 aniversario da súa morte. Para o BNG está é unha grande oportunidade para darmos a coñecer a figura de Castelao en toda a súa magnitude política, literaria e artística. Castelao é o pai do nacionalismo galego. Pilar Lozano acusou ao PP de actuar sen escrúpulos ao negar a condición de nacionalista de Castelao e indicou que as autenticas intencións do Partido Popular para celebrar o ano Castelao son censuralo, manipulalo e apropiarse da súa figura.

 

É por iso que o BNG ademais de desenvolver a súa propia campaña vai apoiar todos os actos sobre Castelao que non manipulen a súa figura, vai defender ao castelao que defende o pobo galego.

 

Noutra orde de cousas avanzou tamén que o BNG vai seguir a desenvolver a súa ofensiva contra o espolio colonial dos nosos recursos: espolio eólico, oposición a Altri etc. Continuará a desenvolver a súa campaña para demandar un novo financiamento e un novo marco xurídico político para Galiza ademais de estar presente nas celebracións do ( de marzo, Dia Internacional da Muller, e do Día da Clase obreira Galega.

 

Apoio a mobilización polo futuro e emprego nas Pontes

 

O Deputado do BNG, Xose M. Golpe, foi o encargado de avanzar o apoio do BNG a mobilización convocada pola CIG este domingo, día 19, nas Pontes en defensa do emprego e para demandar a reindustrialización da vila. O BNG acusou ao goberno central e á Xunta de non ter como prioridade o futuro das Pontes tras o peche da central e a súa nula implicación no desenvolvemento dos planos que se anuncian, pero que ningún se concretiza.

O BNG presenta as liñas de actuación para os vindeiros meses na comarca