O BNG presenta as candidatas comarcais con Mon Fernández de nº4

Candidatas comarcais do BNG
Candidatas comarcais do BNG
O BNG presenta as candidatas comarcais con Mon Fernández de nº4

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrolterra presentou esta mañá as persoas da nosa comarca que concorren as eleccións galegas do vindeiro día 18 de febreiro. Unha candidatura na que figuran 5 persoas da nosa comarca con Mon Fernández Alfonzo, que foi deputado na anterior lexislatura como número 4, nunha clara aposta pola nosa comarca.

Mon Fernández, candidato nº 4, destacou que no BNG estamos convencidos que vai haber un cambio de goberno en Galiza pois resulta evidente que nos enfrontamos a este proceso electoral cun BNG á alza fronte un PP á baixa. A xente e a sociedade galega é consciente que vivimos momentos de cambio e que contamos cun goberno galego que non estivo a altura das necesidades do país durante os últimos 14 anos e as cifras en termos industriais en termos de sanidade están aí para calquera que queira velas e algúns destes aspectos son importantes como no caso da transición enerxética, nas Pontes, a falla de pulo industrial no naval onde o Partido Popular votou sempre en contra das iniciativas argumentadas e propostas polo BNG.

Estas elección son vitais para Ferrolterra pois levamos sufrindo un goberno que non se implica coa comarca desde hai moito tempo. Ademais estamos diante dun goberno que nin defende nin promove que a cidadanía teñamos acceso a uns servizos públicos básicos como o ensino, a atención a dependencia, a vellez ou a asistencia sanitaria.

Mon Fernandez afirmou nós non podemos consentir que un goberno como o que pilotou Galiza nestes catorce anos agora, e neste momento especialmente importante de mudanzas en moitos ámbitos, continúe a fronte do goberno galego porque ten demostrado a súa absoluta incapacidade e absoluta falta de vontade política por facernos valer como país e por atender as necesidades dos galegos e das galegas.

As candidatas comarcais do BNG que figuran na candidatura da provincia da Coruña son:

4-Ramón Fernández Alfonzo
Foi Dirixente da CIG-Industria. Deputado no Parlamento de Galiza na última lexislatura
Ferrolterra

9- Xosé Manuel Golpe
Técnico especialista en enerxías renovábeis.
Ferrolterra

13- Joam Luís Ferreiro Caramés
Biólogo mariño
Ferrolterra

17- Ánxel Rial Otero
Responsábel de oficina técnica e coordinador de proxectos nunha industria da madeira
Ferrolterra

18- Sandra Permui Meizoso
Educadora infantil. Concelleira en Fene
Ferrolterra

Pola súa parte Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, destacou que as vindeiras eleccións son importantísimas, xa que o 18 de febreiro non só pode mudar o goberno da Xunta para os vindeiros catro anos senón que o que pode mudar é o futuro e a historia deste país co primeiro goberno dirixido polo nacionalismo, por unha muller, dirixido por Ana Pontón, Unha posibilidade real que suporá un cambio trascendental para este país contra dunha vez por todas cun goberno que exerza como tal, que asuma as súas competencias e que reclame as que non ten. Por que vai sendo hora de ter un goberno galego que se poña ao servizo das galegas e dos galegos e non das grandes empresas, un goberno que defenda os intereses dos galegos e das galegas por riba de todo.

Destacou o compromiso do BNG con esta comarca e resaltou que a candidatura conta con persoas capaces e comprometidas, que van desenvolver un traballo incansábel para conquerir que se cubran as necesidades que temos como comarca e como país.

O BNG presenta as candidatas comarcais con Mon Fernández de nº4