O BNG pide cribados para o persoal sanitario de Ferrolterra
Desde o BNG vimos presenciando, cunha sensación de alarma e indignación, como se repiten os casos de contaxios nos centros hospitalarios da área sanitaria de Ferrol, o que evidencia fallos na organización e medidas de prevención de riscos entre o persoal sanitario, que ademais está a afectar gravemente ás persoas doentes.
Esta situación prodúcese malia as reiteradas solicitudes por parte do grupo parlamentar do BNG para que se realicen cribados masivos entre o persoal do SERGAS, atendendo ás queixas e demandas que nos traslada o propio persoal traballador do noso sistema de saúde pública. E, por iso, a presentación destas novas iniciativas que achegamos.
Segundo o deputado do BNG, Ramón Fernández "a actitude da Consellería de Saúde é de quen non quere ver, nin ouvir, pero sobre todo non quere dar explicacións de por que fai o que fai, e menos aínda por que deixa de facer ou de tomar medidas que a día de hoxe son un clamor entre o persoal sanitario mais tamén entre as persoas doentes, familiares e usuarias en xeral".
Ao respecto da situació actual, engadíu que "vai chegar a categoría de misterio onde, cando e con quen se acordan as medidas de prevención, por que non se revisan en función das novas evidencias (lease a repetición constantes dos contaxios intrahospitalarios), e sobre todo por que non se realizan cribados masivos PCR entre o persoal do SERGAS igual que vemos que se poñen en marcha para determinadas franxas de idade en épocas de retorno á universidade, por exemplo, ou en determinadas vilas, caso de Viveiro por exemplo"
Após de denunciar que a Xunta non adminta críticas e mesmo estea agochándoseindecentemente detrás da profesionalidade dun persoal sanitario que merece moito máis que aplausos, e sobre todo merecería outro trato por parte dun goberno galego que fai gala dun nivel de autocompracencia e desatención das necesidades do seu persoal que rozan a temeridade; o deputado do BNG reiterou que "non nos cansaremos de insistir nas nosas demandas para que se revise esta política, así como para que ofrezan as debidas explicacións en sede parlamentar sen ocultacións e coa necesaria transparencia"