O BNG PEDIRÁ AO CONSELLO DE CONTAS DE GALIZA QUE FISCALICE A CONCESIÓN DO CENTRO DE ATENCIÓN Á DISCAPACIDADE SOUTO DE LEIXA DE FERROL

Mon Fernández
Mon Fernández
O deputado Mon Fernández interveu este luns na Comisión de relacións do Parlamento de Galiza co Consello de Contas
O BNG PEDIRÁ AO CONSELLO DE CONTAS DE GALIZA QUE FISCALICE A CONCESIÓN DO CENTRO DE ATENCIÓN Á DISCAPACIDADE SOUTO DE LEIXA DE FERROL

Este pasado luns 6 de marzo celebrouse no Parlamento galego unha sesión da Comisión de relacións co Consello de Contas, unha das comisións non lexislativas do Parlamento encargada de facer seguimento do traballo realizado polo Consello de Contas de Galiza.

Este organismo é o encargado de auditar e fiscalizar as contas de todas as administracións públicas, da Xunta e das súas entidades instrumentais, concellos e deputacións, ou universidades, e acode anualmente ao Parlamento para presentar a memoria do traballo realizado e informes que se publicaron durante ano pasado, e a presentar tamén o plan de traballo para o ano seguinte.

Despois desta presentación os grupos parlamentarios deben presentar por escrito as súas recomendacións para o plan de traballo do presente exercicio 2023, e será neste trámite que desde o BNG, como anunciou o deputado Mon Fernández na súa intervención en comisión o luns pasado, "pediremos que se inclúa a recomendación de que Consello de Contas fiscalice o nivel de cumprimento dos termos da concesión pola que a empresa CELECE xestiona a residencia e centro de día para persoas con discapacidade intelectual Souto de Leixa de Ferrol"

O parlamentario ferrolán do BNG destacou tamén "que a empresa CLECE, do grupo ACS,  leva xestionando esta concesión tantos anos como leva o Partido Popular gobernando a Xunta de Galiza, desde que o primeiro goberno de Feixoo privatizou o servizo a finais do ano 2010, malia ser aquela concesión inicial por 3 anos, e malia as reiteradas queixas e denuncias presentadas polo Comité de empresa e máis polas familias das persoas residentes no centro"

O BNG PEDIRÁ AO CONSELLO DE CONTAS DE GALIZA QUE FISCALICE A CONCESIÓN DO CENTRO DE ATENCIÓN Á DISCAPACIDADE SOUTO DE LEIXA DE FERROL