O PORTAVOZ MUNICIPAL DO BNG, ANDRÉ RODRÍGUEZ, DENUNCIA QUE VALDOVIÑO ESTÁ QUEDANDO Á COLA EN DOTACIÓN DE SERVIZOS BÁSICOS PARA A CIDADANÍA

O BNG LEVARÁ AO PARLAMENTO GALEGO A DEMANDA DUN CENTRO DE DÍA E UN INSTITUTO PARA VALDOVIÑO

BNG de Valdiviño
BNG de Valdiviño
O BNG LEVARÁ AO PARLAMENTO GALEGO A DEMANDA DUN CENTRO DE DÍA E UN INSTITUTO PARA VALDOVIÑO

O concello de Valdoviño reflite perfectamente a crise demográfica da Galiza. No ano 2001 había 1.708 persoas maiores de 65 anos, que representaban o 25% da poboación do concello. A 31 de decembro do ano 2024 había 2.194, o 32% da poboación

 

O Portavoz municipal do BNG, André Rodríguez, denuncia que este envellecemento da nosa poboación debería significar unha maior preocupación e un inves􀆟mento decidido por parte da Xunta de Galiza en servizos e equipamento para a atención á cidadanía, sobre todo no rural, fora das áreas urbanas onde este envellecemento é máis acusado e a falta de servizos redunda a favor da perda de poboación.

 

O pasado xoves, 12 de febreiro, o BNG levou unha moción ao Pleno do Concello para demandar da Xunta de Galiza a construción dun centro de día no Concello. A moción foi aprobada por todos os partidos agás polo Partido Popular, que preferiu marchar do Pleno e non participar nun dos debates máis importantes para a veciñanza destes últimos anos.

 

O deputado no Parlamento galego, Mon Fernández, anunciou que o BNG levará esta demanda ao Parlamento xunto coa construción dun instituto. Nos últimos tempos tense organizado no Concello de Valdoviño un movemento veciñal que reivindica a construción dun novo centro de ensino que imparta bacharelato.

 

Este movemento ten conseguido o apoio dos diferentes partidos políticos con representación no Concello de Valdoviño, expresado tamén a través dunha moción aprobada no Pleno do Concello ou de conversas coa ANPA do CPI de Atios, grupo impulsor da iniciativa.

 

Os portavoces nacionalistas reiteraron a defensa do BNG dos servizos públicos básicos, como a atención ás persoas maiores e dependentes, e o ensino público, e manifestaron que sendo esenciais en xeral, sono aínda máis nos concellos rurais para evitar o despoboamento e o envellecemento. Trátase de “dotacións capaces de corrixir tendencias demográficas asentando poboación nova ou evitando que a nosa veciñanza teña que marchar aos grandes núcleos urbanos na procura de mellores servizos sen os problemas do transporte que, polo deseño do Partido Popular, xa parecen naturais no noso país”.

 

Valdoviño, insiste Rodríguez, “malia a propaganda institucional do Par􀆟do Popular, foi quedando á cola de diferentes servizos, e os nosos veciños e veciñas teñen que procurar estes servizos en outros concellos da contorna que pola súa escaseza están saturados”. Por estes motivos anunciaron a presentación dunha batería de iniciativas no Parlamento galego no transcurso dunha reunión celebrada na Casa da Cultura do Concello con veciños e veciñas.

O BNG LEVARÁ AO PARLAMENTO GALEGO A DEMANDA DUN CENTRO DE DÍA E UN INSTITUTO PARA VALDOVIÑO