O BNG leva de novo ao Parlamento as deficiencias nos centros de ensino de Narón
Denuncia que, após dous anos desde que se fixera a denuncia, a Xunta segue sen actuar
14 maio 2024 - 13:42
O BNG vai rexistrar diversas iniciativas no Parlamento Galego ao respecto das deficiencias nos centros de ensino do concello de Narón, demandando actuacións urxentes por parte da Xunta. Cómpre lembrar que xa no ano 2022 a nosa organización tiña denunciado –nunha pregunta formulada no pleno do Parlamento- o deterioro das infraestruturas nos centros de ensino de Narón –concretamente, nos de A Gándara e a Solaina- en situacións lamentábeis: pingueiras xeralizadas, xanelas en mal estado, problemas na calefacción….A resposta do Conselleiro naquel momento foi que non se contemplaban esas actuacións como prioridades.
Segundo os deputados da comarca que promoven esta iniciativa –Xose M. Golpe e Mon Fernández- “o mantemento desta vergoñenta situación deriva agora nun problema de seguridade para a comunidade educativa; como demostra a caída de cascotes no centro de A Gándara (cunha “solución” provisiónal -que se pode ver na foto adxunta, cuns puntóns para evitar a caída dos cascotes) que se producíu hai uns día; evidenciando unha clara deixación e irresponsabilidade por parte da Xunta”
Una situación similar no mesmo concello de Narón prodúcese no colexio de A Solaina, un centro de 44 anos de idade que acolle a diario case 400 nenos e nenas, no que, segundo os deputados do BNG, “as obras urxentes seguen demorándose sen explicacións ou xustificación posíbeis; como é o caso do tellado do centro, no que aínda hai placas de fibrocemento, e que deixa pasar tal nivel de auga que a degradación da uralita resulta preocupante polos efectos que para a saúde da comunidade escolar podan derivarse”.
Como resultado do anterior, o BNG demanda do Parlamento Galego urxir da Xunta a priorizar as obras nos centros de ensino do concello de Narón para resolver as deficiencias denunciadas desde hai tempo pola comunidade escolar e polo propio BNG; evitando que o progresivo deterioro das instalacións poida dar lugar a males maiores.