O BNG leva ao Parlamento Galego o recorte de servizos no transporte por estrada Ferrol-A Coruña

O deputado Mon Fernández
O deputado Mon Fernández

A concesionaria do servizo modifica horarios e unifica servizos provocando masificación e retrasos no transporte de viaxeiros Ferrol-A Coruña

O BNG leva ao Parlamento Galego o recorte de servizos no transporte por estrada Ferrol-A Coruña

O BNG pide explicacións á Xunta sobre as condicións que rexen a concesión de viaxeiros por estrada na liña Ferrol-A Coruña diante das últimas modificacións executadas pola empresa concesionaria, que veñen provocando molestias inxustificadas para as persoas usuarias, sobre todo para aqueles colectivos que por traballo ou estudos son usuarios habituais (reféns).

Supresión de liñas, modificación de horarios, e unificación de servizos que provocan, ademais de outros problemas, unha masificación e aumento dos tempos de viaxe contrarios a calquer criterio de precaución no contexto actual de pandemia.

O transporte de viaxeiros por estrada é un sector onde se ven producindo unha grande concentración en favor das empresas máis grandes, as grandes beneficiarias da carencia de medios alternativos e máis cómodos de transporte, como podería ser o tren. Un ámbito que o BNG entende debe ser obxecto de especial protección por parte das autoridades gobernativas competentes para evitar abusos na prestación dun servizo de carácter esencial.

O BNG leva ao Parlamento Galego o recorte de servizos no transporte por estrada Ferrol-A Coruña