O BNG leva ao Parlamento as demandas da veciñanza das Somozas para paralizar a actividade na mina "As Viñas"

Escorrentías mina As Viñas
Escorrentías mina As Viñas
O BNG leva ao Parlamento as demandas da veciñanza das Somozas para paralizar a actividade na mina "As Viñas"

A explotación mineira denominada "As Viñas", actualmente titularidade de Francisco Gómez y Cia, S.L., incumpre as condicións establecidas na propia Declaración de Efectos Ambientais do ano 1996, especialmente, e dun xeito moi evidente, as relativas á protección dos medios hídricos, regatos afluentes do río Xuvia, a través da habilitación de balsas para recoller as escorrentías provocadas pola choiva.

Os veciños e veciñas levan desde hai meses demandando a caducidade da antedita declaración de efectos ambientais, así como a paralización urxente da actividade.

En primeiro termo porque segundo testemuñan as persoas afectadas, todas elas veciñas da zona, nunca chegou a iniciarse a actividade mineira nesa explotación até  este ano 2021, e en segundo termo, pola gravidade dos prexuízos provocados polo trafego de vehículos pesados por vías non acondicionadas para soportalo, pola densidade do tráfico e tipoloxía dos vehículos, pola proximidade das vivendas, así como polo feito das escorrentías provocadas pola actividade estar afectando visiblemente ao río Grande de Xuvia.

O deputado da comarca, Mon Fernández, defenderá mañá xoves na comisión de industria unha declaración coa seguinte parte resolutiva:

“O Parlamento galego insta a Xunta de Galiza a paralizar urxentemente a actividade na explotación mineira coñecida como As Viñas, situada na parroquia da Toca no Concello das Somozas, mentres non se garanta efectivamente a seguridade das persoas, dos regatos e ríos da contorna, así como das vivendas, e da circulación viaria.”

O BNG leva ao Parlamento as demandas da veciñanza das Somozas para paralizar a actividade na mina "As Viñas"