BNG elixe a Isabel Golpe Montero candidata á alcaldía de Vilarmaior para as municipais
07 mar. 2023 - 08:56
Nunha reunión celebrada na pasada fin de semana, o BNG de Vilarmaior procedeu ao nomeamento da candidata á alcaldía nas vindeiras eleccións do 28 de Maio. Isabel Golpe Montero -traballadora da sanidade pública- é a persoa que encabeza a candidatura.
O BNG segue a traballar agora na confección da candidatura, combinando persoas que tradicionalmente están a traballar no campo nacionalista con outras que se achegan por primeira vez ao proxecto do BNG. Persoas que, ademáis representan ao conxunto das parroquias e sectores do concello.
Isabel Golpe manifestou "estar ilusionada cun proxecto construido desde abaixo, con persoas que teñen perspectiva de construir unha verdadeira alternativa en Vilarmaior; que concebimos desde as bases dun concello BNG: transparencia, democratización da vida municipal e participación veciñal"