O BNG denuncia que San Sadurniño queda fóra dos orzamentos da Xunta

Ara Bellas, Secundino García e Mon Fernández
Ara Bellas, Secundino García e Mon Fernández
O BNG demanda o amaño da estrada AC861 no tramo Igrexafeita-Pena de Eiriz
O BNG denuncia que San Sadurniño queda fóra dos orzamentos da Xunta

O alcalde, Secundino García, a concelleira Ara Bellas e o deputado no Parlamento galego, Mon Fernández, deron hoxe a coñecer as emendas relacionadas con San Sadurniño que o Grupo parlamentar do BNG presentou aos orzamentos da Xunta para o ano 2025.

A desatención do goberno do Partido Popular fai que ano tras ano quedan fora das previsións orzamentarias da Xunta algunha das grandas necesidades de San Sadurniño, como desenvolver o Polígono da zona da Bidueda, as moitas reparacións que precisa o centro de ensino ou a rehabilitación do castelo de Naraío.

Mais este ano o BNG de San Sadurniño quixo poñer o foco no estado dunha vía que é fundamental para o Concello, a AC861, e concretamente o tramo que vai desde Igrexafeita á Pena de Eiriz, unha vía moi transitada non só por veciños e veciñas da zona senón tamén por vehículos pesados que fan a rota Ferrol - As Pontes e que debido á falta de áreas de servizo na AG64 saen á “estrada vella” nesta zona para descansar ou xantar. A estrada precisa dunha nova capa de rodadura que garanta unha circulación segura.

O alcalde de San Sadurniño tampouco quixo esquecer este ano a reivindicación do   polígono da Bidueda, un vello proxecto do Concello de San Sadurniño que leva bloqueado na Xunta de Galiza desde que o 1º goberno de Feijoo tomou posesión no ano 2009.

Trátase dunha zona de 700.000m2 na que se atopan empresas como INTASA, METALFRA ou FORESTAL CANDO, que xa conta con boa parte dos trámites urbanísticos e estudos técnicos necesarios, froito dun convenio con Xestur asinado no ano 2007, polo que o único que compre na actualidade é a vontade política da Xunta de Galiza e a correspondente consignación orzamentaria para poder executalo.

O BNG tamén demandará unha actuación integral no centro de ensino, que precisa melloras en accesibilidade coa instalación dun elevador no edificio de primaria e infantil (que supón unha barreira para a escolarización), ademais de multitude de reparacións, asfaltado do aparcadoiro, retirada de uralita en mal estado, substitución da caldeira de gasoil, reparación da cuberta do ximnasio de secundaria, etc, así como axuda para continuar coa rehabilitación do castelo de Naraío, outro dos proxectos do Concello aparcados por falta de axuda da Xunta de Galiza.

O BNG denuncia que San Sadurniño queda fóra dos orzamentos da Xunta