O BNG EMENDA OS ORZAMENTOS PARA INCLUÍR A CLIMA􀆟ZACIÓN DO CENTRO DO DÍA, O AMAÑO DA ESTRADA AC861 E O POLÍGONO DE BIDUEDA

O BNG denuncia que San Sadurniño queda fora dos orzamentos da Xunta para o 2026

presentación das enmendas aos orzamentos da Xunta
presentación das enmendas aos orzamentos da Xunta
O BNG denuncia que San Sadurniño queda fora dos orzamentos da Xunta para o 2026

O alcalde, Secundino García, e a concelleira María Muíño, deron conta das emendas presentadas aos orzamentos da Xunta acompañados da responsábel comarcal do BNG, Pilar Lozano, e máis do deputado no Parlamento galego, Mon Fernández.

Orzamentos record” e “orzamentos sociais” son novamente as consignas do Partido Popular na presentación e defensa dos orzamentos anuais, unha propaganda que por máis reiterada que sexa nunca se achega á realidade.

E novamente as necesidades da veciñanza do Concello de San Sadurniño quedan

fora das previsións económicas da Xunta do Partido Popular. Tanto ten que sexan

demandas precisamente no eido social, como a climatización do centro de día para solucionar os problemas de altas temperaturas que se acadan durante a primavera e o verán, que fan que a estancia no centro sexa moi desconfortábel para as persoas traballadoras mais sobre todo para as persoas usuarias de saúde máis fráxil. Esta reclamación, salienta o Alcalde Secundino García, é ben coñecida pola Xunta de Galiza e sempre desatendida, o que deixa en evidencia ese pretendido carácter social dos orzamentos.

 

Outra cuestión de relevancia para a veciñanza de San Sadurniño é o estado dunha vía que é fundamental para o Concello, a AC861, e concretamente o tramo que vai desde Igrexafeita á Pena de Eiriz, unha vía moi transitada non só por veciños e veciñas da zona senón tamén por vehículos pesados que fan a rota Ferrol - As Pontes e que debido á falta de áreas de servizo na AG64 saen á “estrada vella” nesta zona para descansar ou xantar. A estrada precisa dunha nova capa de rodadura que garanta unha circulación segura.

O alcalde de San Sadurniño tampouco quixo esquecer este ano a reivindicación do polígono da Bidueda, un vello proxecto do Concello de San Sadurniño que leva bloqueado na Xunta de Galiza desde que o 1º goberno de Feijoo tomou posesión no ano 2009.

Trátase dunha zona de 700.000m2 na que se atopan empresas como INTASA, METALFRA ou FORESTAL CANDO, que xa conta con boa parte dos trámites urbanísticos e estudos técnicos necesarios, froito dun convenio con Xestur asinado no ano 2007, polo que o único que compre na actualidade é a vontade política da Xunta de Galiza e a correspondente consignación orzamentaria para poder executalo.

O BNG tamén demandará unha actuación integral no centro de ensino, que precisa de multitude de reparacións, asfaltado do aparcadoiro, re􀆟rada de uralita en mal estado, substitución da caldeira de gasoil, reparación da cuberta do ximnasio de secundaria, etc, así como axuda para continuar coa rehabilitación do castelo de Naraío, outro dos proxectos do Concello aparcados por falta de axuda da Xunta de Galiza.

O BNG denuncia que San Sadurniño queda fora dos orzamentos da Xunta para o 2026