O BNG denuncia a pasividade da Xunta no control dos verquidos que segen afectando ao Río Xuvbia

Acción BNG San Sadurniño
Acción BNG San Sadurniño

O BNG presentará diversas iniciativas no Parlamento Galego para garantir que non se produzan novos episodios de contaminación.

O BNG denuncia a pasividade da Xunta no control dos verquidos que segen afectando ao Río Xuvbia

Nunha acción na que participaron diversos militantes e cargos institucionais do BNG –entre eles o deputado Mon Fernández, o alcalde de S. Sadurniño Secundino García e representantes do goberno muncipal de Moeche- o BNG denunciou hoxe a contaminación no río Xuvia; como resultado dos arrastres producidos pola canteira de “Viñas” en Somozas.

Mon Fernández denunciou que “a pesar do acordo promovido polo BNG e aprobado en Setembro do pasado ano, no sentido de que a Xunta adoptase as medidas precisas para o control das actividades da mina –mesmo, no seu caso, chegando á paralización da actividade- é evidente que non se está a facer, como demostra o que está acontecer nestes días”.

O deputado do BNG lembrou “as reiteradas denuncias da veciñanza e tamén concellos afectados ao respecto da vertedura de residuos que contaminan as fontes e ríos; e que poderían ser unha das causas da mortandade dos peixes no Río Grande de Xuvia e, como resultado, dos arrastres que deste se derivan para a ría de Ferrol”

O alcalde de San Sadurniño, Secundino García, fixo fincapé na situación irregular da canteira e da inacción da Xunta “como demostra o feito de que continúe a considerar vixente unha DEA relizada hai máis de 26 anos. De feito, antonte mesmo, desde o concello de San Sadurniño denunciamos un novo episodio de turbidez no río Xubia –concretamente, na zona de Amido, no comezo do río- que presumibelmente poidesen vir das escorrentías provocadas polas choivas e procedentes da mentada canteira de “Viñas”.

Ao fío desta situación, Mon Fernández anunciou que o BNG “volverá a reiterar iniciativas no Parlamento Galego para que a Xunta actúe efectivamente no control dos vertidos e garanta que non se produzan máis agresións medioambientais; porque estamos a falar da saúde das persoas e do mantemento do equilibrio natural do río Xuvia”

O BNG denuncia a pasividade da Xunta no control dos verquidos que segen afectando ao Río Xuvbia