O BNG demandará no Parlamento Galego que a Xunta exerza as súas competencias como autoridade laboral no conflito de LIDL

Mon Fernández. LIDL
Mon Fernández. LIDL
O deputado Mon Fernández e Marta Grandal, responsábel do BNG en Narón, reuníronse cos traballadores e traballadoras do almacén loxístico no Polígono Río do Pozo
O BNG demandará no Parlamento Galego que a Xunta exerza as súas competencias como autoridade laboral no conflito de LIDL
O persoal do almacén de distribución que a empresa LIDL SUPERMERCADOS SAU ten no Polígono Río do Pozo, no Concello de Narón, leva en situación de folga indefinida desde o día 14 de febreiro.
 
Logo do encontro co persoal, o deputado do BNG lembrou que "a folga está convocada por causa dos reiterados incumprimentos do convenio colectivo por parte da empresa e a súa negativa a atender as reclamacións do cadro de persoal. O principal incumprimento é a realización de xornadas extraordinarias excesivas, por riba dos límites legais, que xa ten sido obxecto de denuncias perante Inspección de traballo, sen que a dirección da empresa faga nada por rectificar o seu comportamento, nin sequera sentar na mesa de negociación"
 
Neste centro de traballo prestan servizo unhas 150 persoas, e a folga está a ter un elevado seguimento, que entre o persoal indefinido é do 100%.
 
Mon Fernández denunciou que "a dirección da empresa está a tomar medidas para fornecer de mercadoría as tendas desde outros almacéns, o que é unha conduta manifestamente vulneradora do direito fundamental de folga do persoal. A CIG, como sindicato convocante da folga, ven de presentar demanda perante a xurisdición social por este motivo" engadindo que "no entanto a empresa mantén a súa negativa a negociar co comité de folga unha posíbel solución negociada do conflito"
 
Por estas razóns o deputado Mon Fernández ven de presentar a seguinte Proposición non de lei para o seu debate no Parlamento Galego:
 
“O Parlamento de Galiza insta á Xunta:
 
1. A exercer as súas competencias como autoridade laboral protexendo o direito fundamental do persoal en folga e sancionando os incumprimentos do convenio colectivo de aplicación
 
2. Promover unha saída negociada ao conflito a través do Consello Galego de Relacións Laborais”
O BNG demandará no Parlamento Galego que a Xunta exerza as súas competencias como autoridade laboral no conflito de LIDL