O BNG demanda compromiso de investimento nas obras para ampliación do CPI de Ares

mon2
mon2
O BNG demanda compromiso de investimento nas obras para ampliación do CPI de Ares

O BNG vén de presentar iniciativas no Parlamento Galego para que a Xunta incorpore nos orzamentos do 2022 a partida destinada a executar as obras de ampliación do CPI “As Mirandas” de Ares; dando cumprimento ao acordo unánime adoptado polo Parlamento Galego o pasado 7 de Maio.

Ao respecto, o deputado autor da iniciativa –Mon Fernández- lembra o contido do devandito acordo:

 “O Parlamento de Galiza insta a Xunta a que solicite ao Concello de Ares que realice na maior brevidade de tempo posible a obra de acondicionamento da parcela prevista.

Unha vez realizada, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, comprométese a licitar, proxectar, contratar e iniciar a obra de ampliación de maneira prioritaria, coa finalidade de dispoñer das novas instalacións canto antes.”

Mon Fernández lembra que “a resultas desta iniciativa, o concello de Ares comezaba a finais do pasado mes de Agosto as obras de acondicionamento da parcela en cuestión, como requisito previo para a execución das obras de ampliación do CPI que se veñen demandando desde hai máis dunha década. Obras que, pola evolución dos traballos, poderían rematar en breve”

Insiste o deputado do BNG no feito de que  a adecuación desta parcela resolvería do punto de vista urbanístico as necesidades de ampliación das instalacións; polo que agora só quedaría concretar o compromiso da Xunta na realización do proxecto e na execución das obras; e a próxima elaboración dos orzamentos galegos para o vindeiro ano constitúe, sen dúbida, a oportunidade idónea para facer realidade esta demanda”

 

        Como conclusión, Mon Fernández demanda que a Xunta concrete agora  parte que lle corresponde no meritado acordo do Parlamento, “incluindo xá nos orzamentos galegos para o vindeiro ano os investimentos necesarios para facer realidade esta demanda que se leva facendo desde a comunidade escolar hai máis dunha década e rematar coa situación dunhas instalacións verdadeiramente anacrónicas nos tempos que vivimos”

O BNG demanda compromiso de investimento nas obras para ampliación do CPI de Ares