O BNG DEFENDE DIANTE DOS DELEGADOS SINDICAIS UNHA ACCIÓN DE GOBERNO PARA AS MAIORÍAS SOCIAIS DO PAÍS

Encontro sindical galegas 24 (1)
Encontro sindical galegas 24 (1)
MON FERNANDEZ: “UN GOBERNO GALEGO QUE NON SE IMPLICA CON NAVANTIA É UN GOBERNO QUE NON APOSTA POR ESTA COMARCA”
O BNG DEFENDE DIANTE DOS DELEGADOS SINDICAIS UNHA ACCIÓN DE GOBERNO PARA AS MAIORÍAS SOCIAIS DO PAÍS
Mon Fernández, candidato comarcal do BNG ao Parlamento Galego, mantivo esta maña un encontro con delegados e delegadas sindicais da nosa comarca aos que quixo facer protagonistas do cambio galego, pediulles o apoio ao BNG e puxo como exemplo o seu traballo en defensa dos intereses dos traballadores e traballadoras como a mellor ferramenta para transformar este país.
 
Mon Fernández asegurou que é a hora de poñer os intereses das maiorias sociais deste país no centro da políticas que desenvolva o vindeiro goberno galego e para iso é preciso que o 18 de febreiro teña lugar o cambio galego, que o BNG chegua à presidencia da Xunta será o punto de inflexión para Galiza, para colocarmos na Xunta un goberno que poña ás maiorías sociais deste país no centro das súas prioridades.
 
Mon Fernández asegurou que o Partido Popular non ten proxecto para este país e censurou a falla de pulo industrial da Xunta durante os últimos 15 anos na nosa comarca. Un Partido Popular que permaneceu absolutamente impasíbel diante do peche de 10.000 pequenos negocios nos últimos 10 anos, pequenos negocios que son a vida das nosas cidades e das nosas vilas; un Partido Popular que nos deixa 40.000
 
empregos destruídos no sector industrial durante os seus 15 anos de goberno, cifras que non son do BNG senón do Consello Económico e Social da Galiza; e por último un Partido Popular que pretende facer da Galiza unha Terra de sacrificio ao servizo das grandes enerxéticas grazas ás políticas de pasen e sírvanse dos nosos recursos, sen condicións, sen condicións ambientais, sociais, e sen crear riqueza no noso territorio.
 
Xa por último, Mon Fernández recordou que un goberno galego que non se implica con Navantia é un goberno que non aposta por esta comarca. Lembrou que o BNG defende a entrada da Xunta no consello de administración de Navantia e lembrou a negativa do PP a solicitar esta medida, privando a administración galega de poder intervir no orgao onde se toman decisións trascendentais para a comarca de Ferrol como é o reparto de carga de traballo entre estaleiros, ou a orientación estratéxica da compañía xa que non é igual que fagan esforzos por recuperar a construción naval civil ou que non o fagan, que aposte por potenciar a area de reparacións ou que non o faga, que aposte por renovábeis ou que se quede simplemente nos soportes onde só hai que lembrar que na eólica mariña a parte que deixa máis valor engadido estanse a construir en San Fernando.
 
 
O BNG DEFENDE DIANTE DOS DELEGADOS SINDICAIS UNHA ACCIÓN DE GOBERNO PARA AS MAIORÍAS SOCIAIS DO PAÍS