O BNG comprométese a desbloquear desde o Goberno da Xunta o Punto Limpo de Vilar do Colo bloqueado polo PP desde hai un ano

Encontro no IES de Fene
Encontro no IES de Fene

As candidatas do BNG pola comarca Mon Fernández, Xosé Manuel Golpe e Sandra Permuy, visitaron as instalacións do Punto Limpo xunto co alcalde de Fene, Juventino Trigo, e o voceiro municipal do BNG en Cabanas, Iago Varela

Mon Fernández e Sandra Permuy, xunto con Juventino Trigo, participaron tamén nun encontro coa dirección e a ANPA do IES de Fene para abordar os recortes de persoal, e co tecido asociativo e ANPAs de Fene

O BNG comprométese a desbloquear desde o Goberno da Xunta o Punto Limpo de Vilar do Colo bloqueado polo PP desde hai un ano

Desbloquear o Punto Limpo de Vilar do Colo para que comece a funcionar de maneira inmediata. Ese é o compromiso adquirido polo BNG esta tarde nunha visita ás instalacións do Punto Limpo, na que participaron as candidatas Mon Fernández (nº4 da candidatura do BNG pola Coruña), Xosé Manuel Golpe (nº 9) e Sandra Permuy (nº 18), xunto co alcalde de Fene, Juventino Trigo (BNG), e o voceiro municipal do BNG en Cabanas, Iago Varela.

A comezos do ano 2023, o Concello de Fene adxudicou a xestión do Punto Limpo de Vilar do Colo (que dá servizo aos concellos de Fene, Cabanas e Ares) por un período de dous anos, e un importe lixeiramente superior aos 90.000 euros anuais. Con esta licitación, e a piques de facerse dez anos da súa construción, a apertura do Punto Limpo compartido polos tres concellos podería ser unha realidade, a expensas dos permisos necesarios para o inicio da actividade dependentes da Xunta de Galiza, que foron solicitados a comezos de febreiro de 2023.

Mon Fernández, quen encabeza a candidatura do BNG pola comarca, denunciou durante a visita ás instalacións “o bloqueo constante do PP - na Xunta de Galiza e nos concellos - ao Punto Limpo de Vilar do Colo durante todo o proceso que levou até a súa licitación o pasado ano” e trasladou que “un goberno do BNG liderado por Ana Pontón será a garantía de que se porá en funcionamento”.

A candidata e concelleira fenesa, Sandra Permuy, denunciou “que non é de recibo unha espera dun ano para que a Xunta dea luz verde a un servizo que é de vital importancia para a veciñanza, e que evitará en boa medida os vertedoiros incontrolados”, e lembrou que cando abra, atenderá ás usuarias de luns a sábado durante un total de 40 horas semanais para a recepción de refugallos domésticos que non poden depositarse nos colectores convencionais.

Encontro no IES de Fene e co tecido asociativo local

Logo da visita ás instalacións do Punto Limpo, Mon Fernández e Sandra Permuy mantiveron un encontro coa dirección e a ANPA do IES de Fene. As candidatas do BNG escoitaron as súas preocupacións polos recortes no ensino aplicados polos sucesivos gobernos do PP na Xunta, en detrimento da calidade do sistema educativo, e comprometéronse a traballar desde o novo Goberno na Xunta a incrementar a dotación de fondos para o ensino, aumentando os cadros de persoal e reducindo as ratios.

A visita a Fene rematou ao fío das 19h, logo dun último encontro no que participaron representantes do tecido asociativo local e das ANPAs dos diferentes centros educativos de Fene. Mon Fernández e Sandra Permuy amosaron a súa satisfacción polo resultado desta xuntanza, na que recolleron as necesidades e propostas

O BNG comprométese a desbloquear desde o Goberno da Xunta o Punto Limpo de Vilar do Colo bloqueado polo PP desde hai un ano