O BNG comeza unha campaña demandando a transferencia e gratuidade da AP9
Unha representación do BNG nos diversos concellos da comarca -encabezada polo deputado no Parlamento Galego, Ramón Fernández "Mon"- explicaron hoxe nas proximidades da AP9 as razóns e o contido da campaña que nos vindeiros días vai desenvolver o BNG ao respecto do impacto da AP9 nas comunicacións e na economía comarcal; así como para demandar o cumprimento por parte do goberno do Estado dos compromisos que foran asumidos hai agora un ano, canda o apoio do BNG á investidura de Pedro Sánchez.
Sobre esta situación, "Mon" Fernández fixo alusión á situación de "aldraxe estafa que supón a AP9 para o conxunto da cidadanía e, moi especialmente, para o desenvolvimento das actividades económicas” facendo fincapé en que “nunha situación de emerxencia coma a que vive a nosa comarca, o que está a facer a AP9 é empobrecer aínda máis as nosas economías”.
Ao respecto das iniciativas a desenvolver nos vindeiros días, o deputado do BNG fixo referencia “ás mocións que o BNG está a presentar nos diversos concellos da comarca (*) para demandar o fin desta aldraxe, demandando a transferencia e o cumprimento que o goberno central está a incumprir, non co BNG, senón coa cidadanía galega”
Ao mesmo tempo, o vindeiro sábado 27 vaise realizar unha acción informativa/reivindicativa en todas as entradas-saídas da AP9 na nosa comarca, a saber: Pontedeume-Cabanas, Fene, Neda, Narón e Ferrol; iniciativa que explicitaremos coa suficiente antelación.