POR PRIMEIRA VEZ NOS ÚLTIMOS TEMPOS HAI UNHA MAIORÍA SOCIAL NA GALIZA QUE APOSTA CLARAMENTE POLO CAMBIO,

O BNG AVANZA QUE O CAMBIO GALEGO É IMPARABLE E QUE ANA PONTÓN SERÁ A PRÓXIMA PRESIDENTA DA XUNTA

DSC_0072
DSC_0072
Mon Fernández, candidato comarcal do BNG, definiu ao BNG como a única organización política centrada en atender as necesidades reais das persoas, a única organización política con propostas concretas para cada comarca
O BNG AVANZA QUE O CAMBIO GALEGO É IMPARABLE E QUE ANA PONTÓN SERÁ A PRÓXIMA PRESIDENTA DA XUNTA

Ferrol 1 de febreiro de 2024. O Bloque Nacionalista galego de Ferrolterra reuniu esta tarde en Ferrol aos seus candidatos comarcais no acto que sirve de inicio de campaña electoral na nosa comarca e no que o candidato comarcal, Mon Fernández, asegurou que o vindeiro 18 de febreiro vaise producir o cambio galego e que o noso país contará por primeira vez na súa historia cun goberno realmente galego, que poña ás persoas no centro das súas prioridades políticas, e os nosos recursos e o noso talento ao servizo do país.

Mon Fernández, candidato comarcal do BNG, definiu ao BNG como a única organización política centrada en atender as necesidades reais das persoas, a única organización política con propostas concretas para cada comarca, cada sector e cada colectivo do país, a única organización política que naceu coa vocación clara e inequívoca de gobernar o noso país e a única organización política que presenta unha candidata que nunca deixaría o goberno da Galiza para marchar a ningún lado.

Mon Fernandez animou a traballar par deixar atrás 14 anos dun goberno do Partido Popular que só nos deixa recortes no ensino público, na sanidade pública con profesionais saturadas e usuarios e usuarias desatendidas,15 anos de goberno do Partido Popular sen apenas vivendas públicas para alugueiro, un Partido Popular absolutamente impasíbel diante do peche de 10.000 pequenos negocios nos últimos 10 anos, pequenos negocios que son a vida das nosas cidades e das nosas vilas; e un Partido Popular que tamen nos deixa 40.000 empregos destruídos no sector industrial durante os seus 14 anos de goberno.

Mon Fernandez afirmou que por primeira vez nos últimos tempos hai unha maioría social na Galiza que aposta claramente polo cambio, que percibe claramente que o modelo do Partido Popular é unha costa abaixo sen freos que debemos corrixir e que a alternativa está no Bloque Nacionalista Galego.

O BNG AVANZA QUE O CAMBIO GALEGO É IMPARABLE E QUE ANA PONTÓN SERÁ A PRÓXIMA PRESIDENTA DA XUNTA