“A PARTICIPACIÓN DA MOCIDADE DEBE SER UN DOS PIARES ONDE SE ASENTE O CAMBIO GALEGO, QUEREMOS QUE A MOCIDADE TEÑA VOZ E VOTO NAS CUESTIÓNS QUE LLE AFECTAN.”

O BNG asegura en Ferrol que vai devolverlle o futuro á mocidade galega

Kai Ríos no encontro de Galiza Nova
Kai Ríos no encontro de Galiza Nova
Kai Rios, candidato do BNG que foi portavoz de mocidade no parlamento Galego na lexislatura que ven de rematar, asegurou que o futuro goberno do BNG vai poñer a este país a producir e vai darlle futuro a mocidade galega.
O BNG asegura en Ferrol que vai devolverlle o futuro á mocidade galega

Ferrol 27 de xaneiro de 2024. O BNG e Galiza Nova de Ferrolterra mantiveron esta mañá un encontro con mozos e mozas da nosa comarca no que animaron à mocidade a traballar para que o vindeiro día 18 de febreiro se produza o cambio galego e poñamos fin a 14 anos de políticas que non tiveron en conta às necesidades da xuventude galega.

 

Kai Rios, candidato do BNG que foi portavoz de mocidade no parlamento Galego na lexislatura que ven de rematar, asegurou que o futuro goberno do BNG vai poñer a este país a producir e vai darlle futuro a mocidade galega.

 

Kai Ríos asegurou que tras 14 anos de gobernos do PP podemos resumir que o PP só lle da duas opcións a mocidade deste país: ou a precariedade máis absoluta ou facer as maletas e marchar do noso país para poder ter un futuro digno.

 

Ríos indicou que desde o BNG estamos convencidos que a mocidade deste país vai ter futuro cun goberno do BNG, un goberno que aposte pola mocidade e cuxas políticas se deben fundamentar nunha cuestión tan básica como é a participación da mocidade nas políticas públicas. Asegurou que a participación da mocidade debe ser un dos piares onde se asente o cambio galego, queremos que a mocidade teña voz e voto nas cuestións que lle afectan. Imos poñer este país a producir e darlle futuro a mocidade para que poida traballar e vivir dignamente na nosa terra despois de 14 anos de propostas políticas en materia de emprego e vivenda que non tiveron ningún efecto positivo para a mocidade.

 

Avanzou que o BNG ten previsto desenvolver o Plan Retorna para a mocidade emigrada e adopción das medidas necesarias destinadas a reverter a situación de emigración forzosa que vive o noso país, facilitando o acceso a un traballo digno para a mocidade, aumentando o investimento en I+D+i e apoiando aos sectores produtivos e industriais.

 

No BNG estamos convencidos que un pais sen mocidade non pode ter futuro e por iso imos devolverlle o futuro perdido á xuventude galega.

O BNG asegura en Ferrol que vai devolverlle o futuro á mocidade galega