O BNG Ares rexistra no Parlamentode Galiza unha iniciativa para rematar coa débeda histórica co CPI As Mirandas

O BNG visita Ares
O BNG visita Ares
O BNG Ares rexistra no Parlamentode Galiza unha iniciativa para rematar coa débeda histórica co CPI As Mirandas

Ares, 3 de marzo de 2026 – O BNG de Ares vén de rexistrar no Parlamento de Galicia unha iniciativa para poñer fin á débeda histórica co CPI As Mirandas, esixindo á Xunta a reparación inmediata do edificio de ESO e un acordo co Concello que poña fin aos problemas que presenta a pista deportiva aberta.

Aínda que recentemente se rematou unha nova unidade de Educación Infantil e se reformou o centro de Primaria con SATE e novas fiestras para maior eficiencia enerxética, o edificio de ESO presenta un deterioro grave: humidades, filtracións polas fiestras –algunhas das cales non abren– e problemas estruturais que afectan á calidade educativa e á saúde do alumnado e profesorado.

A pista deportiva aberta está en estado de abandono avanzado, con peche perimetral roto, deficiente control de augas pluviais e superficie de xogo deteriorada, o que impide o seu uso seguro e limita as actividades deportivas do centro.

O BNG esixe acción inmediata

O deputado Xosé Golpe, xunto cos dirixentes locais Pedro Marcos (responsable local do BNG en Ares), Carmen Brage (concelleria do BNG), Tino Seco (portavoz municipal) e Pilar Lozano (responsable comarcal en Ferrolterra), visitaron hoxe o centro para avaliar o estado das instalacións e anunciar esta iniciativa parlamentaria.

"Despois de 18 anos de promesas incumpridas na ampliación, agora toca rematar co abandono do ESO e da pista deportiva. A Xunta debe asumir a súa responsabilidade e investir nunha educación digna para Ares", declarou Golpe.

O BNG reclama:

  • Reparación integral do edificio de ESO: illamento, fiestras novas e tratamento de humidades.

  • Convenio Xunta-Concello para rehabilitar a pista deportiva: novo peche, drenaxe e superficie.

  • Orzamento específico nos orzamentos de 2027 para evitar novos atrasos.

Esta iniciativa súmase ás vitorias recentes como o inicio da ampliación en 2026, lograda grazas á presión do BNG e da ANPA.

O BNG Ares rexistra no Parlamentode Galiza unha iniciativa para rematar coa débeda histórica co CPI As Mirandas