O chamado "Pacto por Ferrol" non é máis ca un xiro de 360 graos: logo de catro décadas, a Xunta segue coas mesmas dinámicas ca nos trouxeron onde estamos

Foto de presentación
Foto de presentación
O chamado "Pacto por Ferrol" non é máis ca un xiro de 360 graos: logo de catro décadas, a Xunta segue coas mesmas dinámicas ca nos trouxeron onde estamos

 

Ferrolterra, 24 de maio de 2021.-“O goberno da Xunta fai un xiro de 360 grados, e insiste en reiterar todas as dinámicas que nos trouxeron onde estamos”. Deste xeito definía o deputado do BNG “Mon” Fernández o contido do denominado “Pacto de Estado por Ferrol” que a Xunta presentou a pasada semana. Acompañado do portavoz municipal, Iván Rivas, da responsábel comarcal do BNG, Mercedes Tobío e da deputada provincial, M. Carme Muiño; engadía que “a Xunta pretende pasar por alto a contradicción de que o documento recolla explicitamente o fracaso dos sucesivos plans comarcais para recuperación e corrección do devalo económico e demográfico das comarcas, que comeza coas políticas de reducción de capacidades do sector naval, co feito de que a "proposta" supón consagrar o actual modelo reducido e con restricións deste sector” ao referirse ao posicionamento ao respecto do sector naval; lembrando que a Xunta segue sen executar o acordo parlamentar de reclamar a presenza no Consello de Administración de Navantia.

Ao respecto do tema enerxético, “Mon” Fernández afirmou que “o pacto é copia, máis ou menos aproximada, do modelo do acordo entre administracións para os convenios de transición enerxética, que integra a outras entidades para diagnose e concreción de proxectos. Ademáis de carecer de calquer tipo de concreción, implica aceptar un punto de partida para o acordo moi sesgado, e nomeadamente, asumir o marco e o discurso respeito das "oportunidades" dos fondos europeus e dos plans de axudas”, concluindo que “en definitiva, a Xunta asume un modelo colonial de explotación dos nosos recursos enerxéticos, e renuncia a unha empresa pública que os controle ou á vinculación dos parques eólicos con proxectos industriais”

Do mesmo xeito, o deputado do BNG fixo fincapé en que “nada se concreta sobre os grandes temas –competencia do goberno galego-  como un mando único na ría para abordar a súa rexeneración, o cambio da política forestal ou un plan transversal de posta en valor dos recursos patrimoniais, históricos, naturais e paisaxísticos; no que hai que suliñar a ausencia de referencias ao necesario impulso do Parque das Fragas do Eume”.

 

Para rematar, “Mon” Fernández reiterou que “o verdadeiro Pacto por Ferrol, polas nosas comarcas, é o que implique solucións concretas ao respecto dos sectores que constitúen o potencial industrial e económico dunha área que está en situación de emerxencia. A Xunta ten que pasar do escenario dos documentos e da propaganda ás decisións políticas"
O chamado "Pacto por Ferrol" non é máis ca un xiro de 360 graos: logo de catro décadas, a Xunta segue coas mesmas dinámicas ca nos trouxeron onde estamos