O BNG traslada ao Congreso e ao Parlamento Galego iniciativas sobre o conflito en "Cándido Hermida"

bng candido hermida
O BNG contra os despedimentos en Cándido Hermida

O BNG denuncia despedimentos e clima de coaccións, ameazas e represalias

O BNG traslada ao Congreso e ao Parlamento Galego iniciativas sobre o conflito en "Cándido Hermida"

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e o deputado no Parlamento Galego “Mon” Fernández, rexistraron sendas iniciativas (adxuntas) nas dúas institucións ao respecto do conflito laboral que vive a empresa  “Cándido Hermida”, que se concreta no despedimento de máis de vinte persoas da plantilla.

Nas iniciativa, o BNG lembra que “trátase dunha empresa consolidade, con carga de traballo asegurada; polo que o despedimento responde a unha represalia contra do persoal que se opón a que a empresa quere cambiar o perfil da plantilla e cubrir os postos por medio de empresas de traballo temporal, ademáis de derivar actividade a outras compañías do grupo”.

O clima de coaccións e ameazas evidenciase, segundo o BNG “porque os despidos son das persoas máis significadas na loita polos dereitos laborais e sindicais; ademáis de coincidir logo das negociacións do ERTE baixo o confinamento e mentras está a desenvolverse o proceso de eleccións para o comité de empresa” engadindo  que estamos diante dun proceso de “represalias pola defensa dos dereitos do conxunto da plantilla, cando desde a empresa pretendíase implantar unha xornada de seis horas diarias e, cando a empresa o precisase, dez horas; que pretendían aboarse polo sistema do tempo por tempo; ademáis doutros abusos como a negativa a complementar o pago dos ERTE”

O proceso de despedimento nesta empresa agrava, segundo o BNG “ a insostíbel situación económica da comarca de Ferrol; engadíndose a un panorama de liquidación e destrución de postos de traballo na térmica de As Pontes, Siemens-Gamesa, peche de Poligal, ou limitación das potencialidades no sector naval e despedimento nalgunhas auxiliares do sector, coma o caso de Gabadi, cun ERE extintivo para 36 operarios dunha plantilla de 158 persoas”

Na iniciativa nexeo Congreso, o BNG formula as seguintes preguntas ao Goberno:

1.- ¿Coñece o Ministerio de Traballo a situación do conflito laboral que se está a vivir en Cándido Hermida, empresa radicada no concello de Narón?

2.- ¿Coñece o Ministerio de Traballo as circunstancias de abuso, represalias, coaccións e ameazas que deron lugar como último paso ao despedimento de máis de vinte traballadores da devandita empresa Cándido Hermida?

3.- ¿Considera acaído o Ministerio utilizar o despedimento coma arma para acalar e silenciar a defensa dos seus dereitos laborais e sindicais por parte dos traballadores e traballadoras?

4.- ¿Mediará a Ministra de Traballo no conflito de Cándido Hermida para evitar que continúe a destruirse o emprego na comarca de Ferrol, xa duramente golpeada polo peche de industrias e empresas?

Na proposición non de lei ao Parlamento Galego, o BNG demanda á Xunta:

1. Reunirse cos representantes do persoal.

 

2. Promover de inmediato cantas accións resulten necesarias para lograr que o Grupo Cándido Hermida deixe sen efecto os despedimentos reincorporando ao persoal nos seus postos de traballo habituais.”

O BNG traslada ao Congreso e ao Parlamento Galego iniciativas sobre o conflito en "Cándido Hermida"