O BNG reúnese con representantes da Plataforma Por Un Transporte Público Digno

Reunión plataforma transporte
Reunión plataforma transporte

Interesouse polos problemas máis importantes do transporte colectivo por estrada na comarca

O BNG reúnese con representantes da Plataforma Por Un Transporte Público Digno

nha representación do BNG – da que formaban parte María Muíño, deputada provincial, e os deputados no Parlamento galego Paulo Ríos e Mon Fernández- mantiveron na tarde de onte unha reunión con varias representantes da Plataforma por un transporte público digno Ferrol e comarca.

Na reunión intercambiaron impresións e información sobre o traballo parlamentario realizado polo BNG a este respeito, así como sobre o estado deste servizo público nestes primeiros días de setembro, un mes de volta ao traballo e inicio do curso, que como indicaron as representantes da plataforma todos os anos ven cos mesmos problemas, o que evidencia unha absoluta falta de previsión e planificación.

Os problemas de falta de autobuses, demoras excesivas na chegada dos reforzos, e de persoas que quedan “colgadas” repítense, así como as queixas polo estado dos vehículos.

 

O BNG comprometeuse coa Plataforma a manter a presión no Parlamento sobre este asunto, así como a participar nas vindeiras mobilizacións que se podan convocar desde a Plataforma.

O BNG reúnese con representantes da Plataforma Por Un Transporte Público Digno