O BNG de Narón realiza un seminario online sobre modelo urbano cos artífices do Modelo de Pontevedra
O BNG de Narón está a traballar para deseña-las ideas do que eles chaman o “Narón de todas as persoas” e comezan a andaina cun seminario realizado polo técnico e experto en construcións urbanas Manuel Tato e o concelleiro de urbanismo de Pontevedra Xaquín Moreda. Un modelo, o de Pontevedra, que se está a exportar a todo o mundo e vén de ser premiado pola ONU.
En campaña electoral todos os partidos falaron do Narón das persoas. Unha organización que incidiu moito neste aspecto, e que afirman que foi o que lles levou a non estrar no goberno municipal como lle ofrecera Terra galega, foi o BNG “Nós queremos un Narón onde o espazo público sexa un ben en si mesmo, que na rúa poidan estar con seguridade todas as persoas independentemente da súa idade, condición social. Despois do confinamento descubrimos que Narón non está preparado para ser un lugar amable de paseo, os coches inundan todo e iso repercute no comercio local, na seguridade víal e moitos outros temas que hai que abordar” indica Olaia Ledo, voceira municipal do BNG de Narón.
Estas xornadas son un primeiro paso de “webinarios” (seminarios na web) que o BNG de Narón quere instaurar no 2021 para ir formando a idea dun Narón que pode ser exemplo. Desde o BNG pensan que a cidade ten todas as característica para mellorar e ser exemplo “somos unha cidade viva, cunha idade media que indica que temos moito futuro pero non temos un traballo de modelo urbano axeitado. Agora vai saír á luz un novo PXOM que pode ser unha oportunidade pero por moitos PXOM que se fagan , sen iniciativa política que poña as persoas por diante nada conseguiremos. O bo do modelo BNG para os concellos é que para todos e todas” afirma Ledo.
A xornada comezas ás 10:30 h da mañá con presentación da voceira municipal do BNG e , acto seguido unha explicación do modelo Pontevedra, por que é imitado en todo o mundo e como levalo a realidade desde unha perspectiva técnica e política. As preguntas comezarán ás 11:30 , haberá un descanso e logo continuará o coloquio até á 13. Informan que calquera se pode conectar en calquer momento previa inscrición en [email protected]e enviáraselle un enlace por zoom.