O BNG leva ao Parlamento a problemática de escolarización no CPI Atios de Valdoviño
O BNG apoia a recollida de sinaturas das familias afectadas demandando solucións urxentes
10 maio 2024 - 13:13
O BNG vén de rexistrar –por medio dos deputados da comarca Mon Fernández e X. Manuel Golpe- unha batería de iniciativas no Parlamento Galego para solventar a problemática de escolarización no CPI de Atios, en Valdoviño. Hai que lembrar que o pasado día 12 de abril publicouse unha lista provisional de alumnado admitido para o curso 2024-2025 no CPI Atios do Concello de Valdoviño segundo a cal quedaron excluídas 14 crianzas, 9 que solicitaron admisión para 4º de infantil (3 anos) e 5 para 5º de primaria (10 anos). Segundo os datos dos qu dispomos, en función do baremo e a puntuación publicada, a grande maioría senón todas as crianzas excluídas viven no propio Concello de Valdoviño.
Segundo os deputados do BNG “a resposta que desde a Consellaría de educación se deu ás queixas e alegacións presentadas por todas as familias excluídas consistiron na reprodución mecánica da normativa que regula os procesos de admisión, obviando dereitos básicos, necesidades, e principios que debían presidir a prestación dun servizo público fundamental como o da educación, e o papel fundamental que xogan os centros de ensino para os efectos de conciliación da vida familiar e laboral, e a consolidación de poboación no territorio de referencia”
Alén deste comportamento burocrático non houbo máis que unha manifestación xenérica a través dos medios de comunicación de que no mes de xuño o problema estaría resolto, mais o centro, a inspección e a documentación en xeral de todo o proceso din o contrario.
Ao fío do anterior, o BNG presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate na Comisión 4ª:
“O Parlamento de Galiza insta á Xunta a dotar o CPI Atios do Concello de Valdoviño dos medios necesarios para atender a totalidade das solicitudes recibidas, e a comunicarllo individualmente ás familias afectadas antes da publicación das listas definitivas”
En paralelo ás iniciativas no Parlamento, o BNG apoia activamente a iniciativa das familias afectadas para recoller sinaturas demandando á inspección educativa unha solución urxente ao problema da escolarización; e para iso pódese contactar co grupo municipal do BNG en Valdoviño aos efectos de coordinar os apoios e recollida de sinaturas.