O BNG de Ferrolterra presenta emendas aos orzamentos da Xunta para 2022, que implicarían un aumento de máis de 78 millóns de euros

Mon Fernández, Iván Rivas e Mercedes Tobío
Mon Fernández, Iván Rivas e Mercedes Tobío
Industria e emprego, infraestruturas de comunicación e servizos públicos centran a batería de propostas
O BNG de Ferrolterra presenta emendas aos orzamentos da Xunta para 2022, que implicarían un aumento de máis de 78 millóns de euros

O BNG de Ferrolterra presentou hoxe a batería de emendas (*) aos Orzamentos da Xunta do 2022, propondo diversas modificacións que implicarían un aumento de máis de 78 millóns de euros en actuacions na área comarcal. Na comparecencia perante os medios –na que participaron o deputado “Mon” Fernández, a responsábel comarcal Mercedes Tobío e o portavoz municipal en Ferrol- fíxose unha avaliación do contido dos orzamentos e, nomeadamente, no que Iván Rivas calificou o proxecto do goberno galego coma  “cínico e hipócrita a respecto da realidade que vive a cidade e a comarca, logo de ter anunciado un plan do Estado para Ferrol, de desmantelar a sanidade, o transporte e non facer nada pola situación de desemprego” 

O conxunto de emendas presentadas polo BNG céntranse nos ámbitos da industria e emprego, infraestruturas de comunicación e defensa dos servizos públicos. Sobre o conxunto dos orzamentos e o suposto aumento das partidas, o deputado “Mon” Fernández chamou a atención ao respecto de que “o IGAPE, que ten que manexar toda a promoción económica, desdende un 23% no seu orzamento” facendo fincapé no que acontece en sectores claves como o naval “o nível de compromiso debería estar a outro nivel, como demostra o feito de que a unidade mixta de investigación que existe entre Navantia e a Universidade da Coruña, pendente de renovación en Xaneiro”.

Entrando no contido das emendas, o deputado do BNG aludíu ao compromiso do BNG coa defensa da sanidade pública “para que exista unha importante aposta polo reforzo da atención primaria” aludindo tamén a reivindicacións de centros de día e escolas infantís en diversos concellos da comarca, ou a aposta “pola promoción e posta en valor do conxunto do patrimonio natural e histórico artístico; que están chamados tamén a xogar un importante papel na promoción económica”.

Dentro dos distintos bloques de emendas, púxose en valor as propostas para abordar a situación da liña ferroviaria Ferrol-Viveiro; ou infraestruturas de comunicación nos diversos concellos da comarca e polígonos industriais. “Mon” Fernández defendeu actuacións na limpeza e ordenación da ría, asegurando que “hai que criticar as informacións da Xunta no sentido de que está a recuperarse a produtividade da ría, demostrando que o único que lles preocupa é que a realidade non lles estrague un titular, mentras a ría esmorece”

O BNG de Ferrolterra presenta emendas aos orzamentos da Xunta para 2022, que implicarían un aumento de máis de 78 millóns de euros