O BNG de Ferrolterra emenda os Orzamentos da Xunta con prompostas de investimentos que se achegan aos 60 millóns de euros

Mon Fernández, deputado no Parlamento Galego
Mon Fernández, deputado no Parlamento Galego

As propostas buscan incidir na defensa dos sectores produtivos e a recuperación económica, defender os servizos públicos e potenciar o patrimonio histórico e natural.

O BNG de Ferrolterra emenda os Orzamentos da Xunta con prompostas de investimentos que se achegan aos 60 millóns de euros

O BNG tramitou unha batería de emendas (adxuntamos documento) ao proxecto de orzamentos da Xunta –agora mesmo en debate no Parlamento- con actuacións que se achegarían aos 60 millóns de euros. Coas propostas do BNG trátase, segundo o deputado do BNG Ramón Fernández “Mon” de “incidir na idea de traballar no camiño de novos modelos e da reconstrucción económica, así como en suplir necesidades básicas na estructura económica e social da comarca”.

O conxunto das emendas responden “non a propostas particulares do BNG, senón a demandas traballadas co tecido social da comarca, resultantes das necesidades básicas dunha sociedade que aposta polo traballo, o progreso e un futuro digno” incidíu o deputado do BNG.

A situación que crítica que vive a nosa comarca no ámbito socio-económico –agravada polos efectos da pandemia que estamos a vivir- urxe, segundo “Mon”, “concretar o apoio e impulso de novos retos en sectores productivos da comarca que demostraron e demostran ser auténticos motores económicos da comarca e deberan continuar sendo nesta nova etapa que pretende primar un novo ciclo económico baseado na sustentabilidade, a proximidade e a redistribución da riqueza sobre o territorio no que se asenta”

Como exemplos, o representante do BNG fixo fincapé ao sector naval, abogando pola “procura da introdución definitiva da investigación como elemento necesario para avanzar e consolidar novos campos de traballo do sector”, ou á proposta do Centro Tecnolóxico de Almacenamento de Enerxía “como alternativa ao mal chamado proceso de transición enerxética do que tanto se fala, e que segue sen concretar o futuro deste sector, importante para As Pontes e o conxunto da comarca”.

No mesmo ámbito, aludíu ás emendas que teñen a ver co potenciamento do sector primario “rexenerando e potenciando rías potenciando os bancos marisqueiros, facendo posíbel así o asentamento de poboación no territorio, a redistribución da riqueza e afondando en innovación para seguir no camiño da conservación do medio”

Noutro campo –o das infraestruturas de comunicación- “Mon” Fernández fixo referencia á “implicación do goberno galego na implementación dun servizo ferroviario de proximidade, pulando pola defensa e modernización da vía estreita; que debe xogar un papel na mobilidade e dinamización económica das comarcas de Ferrolterra, Ortegal e Mariña de Lugo”, lembrando tamén que a “a vía da Costa Norte que o goberno galego comprometera hai dúas décadas segue a ser unha demanda incumprida”

Do mesmo xeito falariamos do apoio á preservaci��n e posta en valor do patrimonio co que contamos na comarca “de extraordinaria importancia arquitectónica e histórica que , que na maioría dos casos está a desaparecer e sen estar vinculados a ningún tipo de circuito histórico, cultural e turístico”, ao que o deputado do BNG referenciou as emendas presentadas ao respecto do Mosteiro de Monfero, Santa Catarina de Montefaro, Castelos de Moeche e Narahío ou Castro de Centroña ou o Camiño de San Andrés; que serverían para “fomentar unha ventá á rehabilitación, á promoción ecónomica da comarca, e ao coñecemento do propia historia que o propio patrimonio debuxa sobre o territorio comarca

As eivas e incapacidade para xestionar o patrimonio natural –neste caso, evidenciadas no caso das Fragas do Eume e na problemática derivada dos vertidos de Endesa ao ría- levaron á formulación de diversas emendas que terían como obxectivo “unha actuación global ao respecto do ciclo da auga no río Eume, na ordenación do seu entorno e, específicamente na implementación do PRUX, que a Xunta foi incapaz de efectivizar pasadas máis de dúas décadas”, insistíu Fernández.

Lembrando a situación de pandemia e os efectos que deixará a medio e longo prazo, o deputado do BNG fixo referencia ao “necesario reforzo dos recursos humanos e materiais para a atención sanitaria, dun xeito especial na rede de atención primaria; e tamén na ampliación dos recursos de carácter social –coma as residencias e centros de día ou as escolas infantís- porque as persoas deben ser, máis ca nunca, o obxectivo fundamental das políticas do goberno galego”.

O BNG de Ferrolterra emenda os Orzamentos da Xunta con prompostas de investimentos que se achegan aos 60 millóns de euros