O BNG defende as demandas veciñais contra os parque eólico Barqueiro e Badulaque

Foto Ortigueira
Foto Ortigueira
O BNG defende as demandas veciñais contra os parque eólico Barqueiro e Badulaque

portavoz municipal do BNG no concello de Ortigueira, Marco Schaal, acompañado polos deputados autonómicos Mon Fernández e Xosé Golpe informaron onte sábado no Centro Social de Abasteira, Espasante, das iniciativas que o formación política está a levar a cabo, en relación aos parques eólicos Barqueiro e Badulaque.

Os parques eólicos de Barqueiro e Badulaque, promovidos por Enel Green Power, ambos en fase de tramitación, afectan aos catro concellos da comarca do Ortegal; Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira; así como aos concellos limítrofes desta comarca, Vicedo e Viveiro (Lugo) , Cedeira, Moeche, As Somozas e As Pontes (A Coruña). A tramitación destes parques correspóndelle ao Ministerio de Transición Ecolóxica (MITECO).

A suma da potencia destes dous parques eólicos acada os 216 MW de potencia (126 Barqueiro e 90 Badulaque). En total instalaranse 39 aeroxeradores de 200 metros de altura. Ambos arques eólicos están ligados ao no de transición xusta da antiga central de carbón das Pontes.

Estes proxectos contan cun forte rexeitamento social na zona de afección, así foron presentadas centos de alegacións á súa construción, e mesmo tiveron lugar dúas manifestacións en Ortigueira, no que os afectados manifestaron o seu rexeitamento aos proxectos.

Este rexeitamento está fundamentado en múltiples factores, principalmente pola proximidade dos aeroxeradores a vivendas e explotacións gandeiras. Pero tamén na falta de valoración de como a instalación destes xigantes vai afectar a acuíferos, viais de acceso ao núcleos de poboación, e dende logo á riqueza paisaxística da zona.

Engadido a isto, a documentación exposta ao público conta con numerosas eivas, de feito na última resolución publicada de 21 de abril de 2023, da Dirección Xeneral de Política Enerxética e Minas do MITECO recoñecese a falta de informes necesarios para poder levar a cabo esta inmensa obra. Organismos tan relevantes como Augas de Galiza, ou mesmo a propia consellería de sanidade, que debe de informar sobre os efectos estroboscopios que provocan as sombras dos aeroxeradores aínda non emitiron os informes sobre estes parques, polo que non é de recibo que a súa tramitación sega a queimar etapas e esgotar prazos.

Por non falar dos numerosos erros que contén a documentación técnica, nas que se fala de sitios tan pouco orteganos como o canón do río Arnoia, a serra do Xurés ou mesmamente do río Ebro.

Actualmente a comarca do Ortegal e os concellos limítrofes, está a recibir a visita dos nomeados “Agapitos” axentes a soldo da empresa promotora. Estes axentes son coñecidos polas malas artes á hora de negociar e conseguir que os afectados pola instalación asinen un permiso, mesmo chegando a niveles de presión que poden ser considerados extorsión.

O Bloque Nacionalista Galego recolle estas demandas veciñais nunha iniciativa parlamentaria que vai ser debatida o vindeiro xoves de xuño na comisión sexta, de industria e enerxía; na que pedimos á Xunta que se poña do lado dos veciños e informe consecuentemente toda a problemática xerada con estes parque eólicos.

Ao mesmo tempo, Nestor Rego ven de rexistrar no congreso do deputados unha iniciativa semellante na que se demanda ao MITECO que retire os proxectos e obrigue á empresa promotora a unha nova redacción que teña en conta a realidade social, económica e ambiental das comarcas afectadas.

Recordamos que, segundo os datos de Rede Eléctrica de España, Galiza cumpre hoxe en día co obxectivo indicado no Plan Nacional de Enerxía e Clima (PNIEC), en canto a enerxía eléctrica de orixe renovable. Namentres o PNIEC fixa un obxectivo do 74% de enerxía eléctrica de orixe renovable, Galiza pechou o ano 2023 cun 77,05 %.

Outro modelo eólico é posible !

O BNG defende as demandas veciñais contra os parque eólico Barqueiro e Badulaque