A CANDIDATURA RATIFICADA POLA MILITANCIA REPRESENTA UN 40% DE RENOVACIÓN

A Asemblea Comarcal do BNG elixiu o novo Consello Comarcal e a súa Executiva

AC1
AC1
A Asemblea Comarcal do BNG elixiu o novo Consello Comarcal e a súa Executiva
Nunha reunión celebrada na noitiña de onte luns na Casa da Cultura de Neda, a Asemblea Comarcal do BNG procedeu á renovación do Consello Comarcal e da súa Executiva, dando cumprimento ao proceso marcado na recente celebrada Asemblea Nacional do BNG. Ás 20 persoas elixidas na única candidatura presentada (adxunta) engadiránse tamén as responsábeis nas diferentes localidades que compoñen o ámbito da nosa comarca, cun total de 21 concellos das áreas de Ferrol, Eume e Ortegal.
 
A candidatura presentada –que foi ratificada por unanimidade da Asemblea Comarcal- representa un 40% de renovación, coa incorporación de novas persoas, nunha alta porcentaxe xente moza e tamén mulleres; e está encabezada por Mercedes Tobío Rodríguez, que xá viña desempeñando a responsabilidade de responsábel-portavoz comarcal nos últimos anos. Asimesmo desta candidatura, formarán a nova Executiva Comarcal as persoas que figuran nos trece primeiros postos da candidatura aprobada.
 
Alén da elección da dirección comarcal, a Asemblea Comarcal fixo un balance do traballo desenvolvido pola dirección sainte, que levou a responsabilidade de goberno da organización comarcal desde hai catro anos. Sobre este aspecto, Mercedes Tobío quixo facer “un recoñecimento ao traballo feito nestes últimos anos, recuperando o pulso dunha organización que viña dun momento complexo, ampliando a base social e reconectando coas demandas dunha sociedade comarcal que vive nunha permanente situación de emerxencia”
 
A reelexida responsábel-portavoz comarcal fixo mención tamén ao feito de “termos que enfrontar a actividade organizativa e o traballo na sociedade nunha situación excepcional, como é a pandemia que estamos a padecer desde o pasado ano; o que supuxo a necesidade reforzar esforzos e tamén implementar novos métodos de traballo”
 
A xeito de clausura da Asemblea Comarcal, Mercedes Tobío afirmou que “comeza un novo ciclo, para o que de inmediato o novo Consello Comarcal fixará o plan de traballo; para o que consideramos fundamental o reforzo e ampliación da nosa base social a todos os concellos da comarca, a preparación das vindeiras eleccións municipais no 2023 e, sobre todo, o deseño dunha actuación do nacionalismo para defender a economía, o emprego e os servizos públicos na nosa comarca.”
 
1. MERCEDES TOBÍO RODRÍGUEZ
2. SECUNDINO GARCÍA CASAL
3. PEDRO FERNÁNDEZ LOPEZ
4. SANDRA PERMUY MEIZOSO
5. IVAN RIVAS RICO
6. MARIA MUIÑO FILGUEIRA
7. RAMÓN FERNANDEZ AFONZO
8. CARMELA FRANCO CAAVEIRO
9. IAGO VARELA MARTINEZ
10.CRISTINA GARCIA REY
11.ANXEL RIAL OTERO
12.MANUEL RODRÍGUEZ DOVAL
13.XESÚS SÁNCHEZ CEA
14.BEATRIZ BASCOY MACEIRAS
15.XESUS SOTO VIVERO
16.TANIA FERNANDEZ IGLESIAS
17.XOAN RICO CASTRO
18.CRISTINA BOUZA BELLON
19.ROBERTO MONTERO CASTRILLON
20.LUIS PENA MOSQUERA
SUPLENTES
1. CRISTINA GARCIA MOROÑO
2. XOSE MANUEL GOLPE ACUÑA
3. MARGARIDA CORRAL SANCHEZ
4. MANUEL REI ROMEU
A Asemblea Comarcal do BNG elixiu o novo Consello Comarcal e a súa Executiva