congreso
Novas
Néstor Rego

BNG reclama a modernización dos trens na liña do FEVE

Néstor Rego exixe medidas compensatorias para a liña de ancho métrico Ferrol-Ribadeo ante os erros detectados no deseño dos trens e o retraso que provocará na entrega do material rodante

A frente nacionalista lembra o compromiso adquirido polo Goberno para mellorar a calidade do servizo, a modernización do material  e aumentar a fiabilidade

Ler novas
Novas

BNG defende incluír Narón no Plan de Transición Xusta das Pontes

Néstor Rego apoia as demandas do concello e a Asociación de Empresarios da comarca de Ferrol e garantir a igualdade de oportunidade deste concello e do seu tecido empresarial

Permitir que Narón acceda ás axudas que se estabelezan para impulsar novos proxectos de desenvolvemento na comarca e paliar os efectos do fechamento da central térmica

Ler novas
Novas
Mon Fernández, Olaia Ledo e Néstor Rego

O BNG Consegue no congreso que o goberno manteña a posiblidade da concesión de Ben Cultural para o Muíño das Aceñas despois de rexistrar a petición en xaneiro a través do deputado Néstor Rego.

O BNG de Narón leva meses cunha campaña para a rehabilitación do muíño das Aceñas en estado ruinoso hoxe. Despois de aprobar unha moción municipal por iniciativa do bloque e crearse unha comisión, preguntaron no congreso para que se cumplira o acordo do 2010 do goberno do estado para a adquisición pública e rehabilitación. A resposta parécelles claramente insuficiente.

Ler novas
Novas
Néstor Rego - Mon Fernández

BNG insta o Goberno a dar solucións para evitar o fechamento de SIEMENS-GAMESA nas Somozas

Ante o anuncio de fechamento da planta de construción de pas de aeroxeradores, o deputado Mon Fernández no Parlamento galego e o deputado Néstor Rego no Congreso rexistraron un conxunto de iniciativas instando o Goberno da Xunta e o Estatal a intervir para evitar a paralización da actividade e a perda dos 215 postos de traballo directos. Así mesmo, o BNG demanda que se impulsen na Galiza proxectos para aproveitamento eólico que sirvan para promover e consolidar iniciativas empresariais e o emprego nos sectores relacionados coas enerxías renovábeis.

Ler novas