Rocío Pena incorpórase ao Pleno como nova concelleira do BNG en Pontedeume
Pontedeume 11 de xuño de 2025. O BNG de Pontedeume informa da incorporación de Rocío Pena ao Pleno do Concello como nova concelleira, a chegada de Rocío supón un paso adiante na renovación e fortalecemento do grupo municipal, mantendo o compromiso firme coa veciñanza e coa transformación social e política de Pontedeume.
A nova concelleira sinala que: “A incorporación á política local implica asumir o compromiso de dedicar parte do tempo persoal, así como toda a ilusión e esforzo, ao servizo do ben común. Pontedeume é unha vila con grande potencial e moito por avanzar, e resulta especialmente motivador poder contribuír desde o eido municipal á súa transformación e mellora.”
O compañeiro Aaron Curbeira exercerá como portavoz do grupo municipal do BNG, garantindo así a continuidade do traballo e a cohesión dun equipo comprometido co país e co seu concello.
Desde o Consello Local do BNG queremos expresar o noso agradecemento profundo a Luís Pena, quen deixa agora o seu posto no Concello tras seis anos de traballo político extraordinario, máis continuará formando parte activa deste Consello Local do BNG. O seu labor foi fundamental para a consolidación do BNG en Pontedeume, sendo unha figura clave no avance do proxecto nacionalista na vila.
Luís Pena dá este paso para deixar espazo a novas persoas con novas ilusións coa vontade firme de seguir traballando para acadar a alcaldía de Pontedeume nas vindeiras eleccións municipais.
O Consello Local do BNG felicítase pola unidade, o compromiso e a continuidade do proxecto político, así como pola implicación de toda a militancia nun momento clave para seguir avanzando