A reunión foi un auténtico paripé

Juventino Trigo, Secundino García e Bea Bascoy
Valoración do BNG da reunión dos alcaldes da comarca co Vicepresidente Conde
Non houbo propostas que non fosen as consabidas vinculadas aos fondos NEXT GENERATION, anunciadas unha e mil veces e sempre sen concretar, como se a crise industrial da comarca de Ferrol non tivese a súa causa en problemas anteriores e
estruturais: restricións á capacidade produtiva dos estaleiros, modelo de explotacióndos recursos enerxéticos a favor das grandes empresas enerxéticas sen crear valor no territorio, e unha despreocupación pola situación da ría que roza no criminal.
E todo isto entre queixas por non ter capacidade de decisión na Galiza sobre osfosdos europeus. Toda unha exhibición de cinismo e hipocrisía por parte dun
goberno que se por algo se distingue é pola súa renuncia a exercer as propiascompetencias, algunhas exclusivas en materias esenciais como o marisqueo ou a industria.
Constatamos, por tanto, que a Xunta de Galiza carece de proxecto de futuro para o país e para a comarca de Ferrol, e o que é peor, xa non se molesta en disimular. A nota de prensa que lanza despois da reunión é o mellor síntoma da súa forma de gobernar, transformar unha reunión valeira de contido e de propostas, nun titular efectista: construír un polo enerxético en Ferrol. Castelos no aire.Insistimos en que nada concreto se nos trasladou, nin nada novo ou digno de mención.
Rematamos chamando á sociedade comarcal a manter as mobilizacións, porque isto non se pode consentir. A Xunta de Galiza, o noso goberno, dedica todos os seus esforzos a promover os negocios de 4 grandes empresas amigas, nunha especie de
externalización das tarefas de goberno e xestión, mentres o pobo galego é absolutamente desprazado e convertindo, hoxe máis do que nunca, en súbdito
sufridor.