Veciñanza de As Somozas demanda paralizacion da actividade da mina de As Viñas
Remiten escrito a diversos departamentos da Xunta pedindo a paralización da actividade e garantías de seguridade e integridade da poboación e o medio
Unha ampla representación veciñan da veciñanza de As Somozas -afectada pola explotación da mina de As Viñas- encabezada pola Presidenta da Asociación de Veciñ@s A Cañota e acompañad polo deputado do BNG Mon Fernández; acudiron hoxe á delegación da Xunta en Ferrol para dar conta da presentanción dun escrito (adxunto) dirixido a diversos organismos da Xunta, no que demandan a paralización da actividade e garantías de seguridade e integridade para a poboación e o medio.
Esta demanda prodúcese a poucos días que o Parlamento Galego aprobase -a instancias do BNG- unha proposta na que "instase á Xunta a adoptar as medidas que sexan precisas na explotación mineira -e, no seu caso, a paralización - garantindo a seguridade ds persos, dos regatos e ríos da contorna, así como das vivendas e da circulación viaria".
A veciñanza portaba diversos cartaces en alusión aos prexuizos derivados desta explotación mineira que, segundo o deputado do BNG "alén das irregularidades de carácter legal e medioambiental, son un exemplo máis do expolio do noso territorio: explotación irracional dos recursos e agresións ao medio ambiente e natural", concluindo que "en troques de favorecer medidas que contribúan ao asentamento e mellora do nível de vida nas nosas aldeas e concellos do ámbito rural, o que se está a producir é unha agresión permanente que semella querer botar á xente dese territorio"