O BNG presenta emendas aos Orzamentos Xerais de Galiza para o concello de Fene

Fene beirarruas barallobre
Soterrar as liñas de alta en San Valentín, beirarrúas en Barallobre e construir un centro de día
O deputado no Parlamento Galego Mon Fernández e a Concelleira Sandra Permuy repasaron as necesidades do Concello de Fene de cara a tramitación dos orzamentos da Xunta.
 
Unha das emendas presentadas polo BNG consiste en incluír nos presentes orzamentos da Xunta unha partida económica para o soterrado das liñas de alta tensión no barrio de San Valentín. Unhas liñas que atravesan unha zona moi habitada e na que ademais está situado un centro de ensino con gran número de alumnos e alumnas.
 
Outras das emendas teñen por obxecto mellorar a seguridade viaria na estrada da Palma coa construción de beirarrúas en Barallobre, así como mellorar a dotación socio-sanitaria do Concello coa construción dun centro de día.
 
No día de onte xa foron debatidas as emendas parciais da Vicepresidencia 2ª, departamento do que depende a dirección xeral de industria e enerxía, rexeitándose a proposta para soterrar as liñas de alta de San Valentín polos votos en contra do Partido Popular.