A cosmética non resolve problemas

O deputado Mon Fernández
O deputado Mon Fernández
A cosmética non resolve problemas

En todas as ocasións nas que o BNG trasladou ao Parlamento Galego as demandas de rexeneración da ría de Ferrol a resposta por parte da Consellaría tentou basearse presuntamente een dous argumentos:

1ª_ Un ronsel de cantidades ás que agora haberá que engadir 192.320€ para "mellora dos ecosistema do banco marisqueiro das Pías" (segundo información da Voz de Galicia do 10-04-2021).

2ª_ O reproche de rigor por non estimar os esforzos da Consellaría xunto coa observación (tamén como reproche), de que parece haber en Ferrol alguén que sabe mellor que a propia Consellaría o que hai que facer.

A este respeito o deputado do BNG Ramón Fernández “Mon" afirmou hoxe que “cúmpre chamar a atención sobre varias cousas. En primeiro lugar sobre unha obviedade, que é que á vista da situación de auténtico colapso produtivo na ría de Ferrol parece evidente que as actuacións da Consellaría non teñen éxito ningún"

En segundo lugar,engadíu, unha consideración para o BNG tamén obvia, que é que existindo na ría de Ferrol un sector marisqueiro desde que hai memoria, contando ese sector con persoas expertas, e existindo na ría de Ferrol unha institución científica do prestixio da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, o lóxico é pensar que efectivamente poida haber an Ferrol moitas persoas con coñecimento e experiencia, e polo tanto, moitas persoas a ter en conta”

Mon” Fernández foi contundente ao expresar que “cando de diñeiro público se fala, debemos ter especial coidado no seu uso. A situación calamitosa do banco marisqueiro das Pías, é algo que coñecemos na comarca e padecen os e as mariscadoras da ría de Ferrol. Mais “tirar” 192.320€ nunha zona altamente degradada, sen produción na actualidade, non soluciona este problema. Con ese diñeiro poderíanse realizar arados de unha superficie moito maior e con mellores rendimentos na recuperación marisqueira, en tanto non se fai un estudo da situación actual, que é o realmente urxente e semella que ninguén quere acometer.”

O deputado do BNG rematou afirmando que “o feito que a Consellaría reincida neste tipo actuacións, e renuncie a realizar as que lexitimamente reclama o propio sector con argumentos serios e contrastados, mentres a ría agoniza, e as persoas que dela dependen vense obrigadas a abandonar o sector; describe un comportamento case delituoso que, en calquer país do mundo, implicaría cese fulminante da responsable directa”

A cosmética non resolve problemas