Debate sobre iniciativa do BNG a respecto da problemática do transporte na comarca
A resultas dunha inicitiva presentada polo BNG (adxunta) o goberno galego comparecerá na comisión 2 ( Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos) co obxecto de abordar a situación do transporte por estrada A Coruña-Ferrol.
Segundo o deputado autor da iniciativa, Mon Fernández “chama a atención o retraso co que se produce a comparecencia –falamos dunha iniciativa rexistrada o día 4 de Marzo, hai perto de sete meses- o que tamén pon de relevo o desleixo do goberno galego na resolución deste problema que afecta á veciñanza das nosas comarcas”.
O deputado nacionalista afirmou que “ademáis da resposta que agardamos no debate en comisión, logo da mobilización de onte, a Xunta debería de concretar as iniciativas que vai adoptarpara resolver os incumprimentos reiterados da empresa concesionaria; que están a derivar en perxuizos para moitas usuarias e usuarios desta liña de transporte”
Desde o BNG entenden que as solucións deberían pasar por “garantir o mentemento de todos os servizos –evitando a supresión unilateral que está a facer reiteradamente- e a calidade, evitando masificación e mesmo situacións como a acontecida a pasada semana, cando numerosas persoas quedaron en terra, mesmo co billete mercado”