O BNG RECLAMA UN NOVO SISTEMA DE SANEAMENTO CON SEPARATIVAS DE AUGAS PLUVIAIS

O CONCELLO DE FENE PRESENTE NO DEBATE DOS ORZAMENTOS DA XUNTA DA MAN DO BNG

pesentación en Fene da enmendas aos orzamentos

A Alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, denuncia a ineficacia do actual sistema desaneamento promovido pola Xunta de Galiza, así como os elevados custos quesignifica para o Concello, “estamos pagando por bombear a auga da chuvia, isto non pode ser”, e xunto co deputado no Parlamento Galego, Mon Fernández, e a responsábel comarcal do BNG, Pilar Lozano, reclaman da Xunta un novo sistema desaneamento acorde a criterios ambientais e de aforro enerxético e económico, “aXunta é quen dispón dos medios técnicos e económicos para facelo, ademais isto afecta a todos os concellos da ría, o goberno galego non pode fuxir das súas responsabilidades”, rematou.

Os portavoces nacionalistas salientaron tamén as numerosas necesidades do IES de Fene que a Xunta segue sen atender malia as permanentes reclamacións. O centro de Barallobre conta xa 43 anos, e alberga en 3 edificios moi danados a máis de 420 alumnos e alumnas da ESO, de 2 especialidades de bacharelatos (Científico-tecnolóxico e Humanidades e ciencias-sociais), 4 ciclos medios (Mantemento electromecánico, Soldadura e caldeiraría, Instalacións frigoríficas e de climatización, e máis Electromecánica de vehículos automóbiles), 1 ciclo superior (Mecatrónica industrial), así como FP básica (Mantemento de vehículos e Fabricación e montaxe).

A seguridade viaria e peonil é outra das demandas do BNG de Fene, coa construción de beirarrúas na estrada titularidade da Xunta AC115, entre Fene e Neda, así como a reparación da baixada cara o peirao de Maniños desde a estrada da Palma tamén fan parte das emendas presentadas polo grupo parlamentario do BNG.

E nun ámbito de especial importancia para a formación nacionalista como é a atención á dependencia a alcaldesa non deixou de incidir na necesidade de contar con un centro día, un dos mellores recursos para atender as persoas maiores e dependentes do Concello, “un recurso que a Xunta segue negándolle aos veciños e veciñas de Fene e que nós seguiremos reclamando até conseguilo”.