Comunicado das alcaldías do BNG na comarca de Ferrolterra

Bea Bascoy, Secundino García e Juventino Trigo

Os Alcaldes e Alcaldesa do BNG na comarca de Ferrolterra non van asistir á reunión convocada por o alcalde de Ferrol, Angel Mato para ao día de hoxe.

As contínuas modificacións na fórmula da convocatoria así como ni número de participantes, lévannos a tomar a decisión de non participar.

O PSOE, co alcalde de Ferrol a cabeza  parece estar máis preocupado na forma en que se faga a reunión e na convocatoria de medios de comunicación, que no tema do que vai versar a devantida reunión.

Ata hai unha hora antes de empezar esta reunión, a participación estaba limita a un aforo de aproximadamente 10 persoas onde 1 persoa representaría a cada organización política, sindical e empresarial das convocadas.  Sabendo da situación sanitaria existente na comarca, semellaba o máis acaído e o BNG ía participar. Mais hoxe xoves, 21 de xaneiro, recibimos fai escasamente 1h, a comunicación de que a xuntanza sería telématica e nela estarían, agora si, todas as persoas que en representación das distintas organizacións, foron convocadas nun primeiro momento. Pois ben, parece o que o PSOE está buscando a fórmula para tentar buscar ou  “regatear” a participación dalgúen ou dalgunha organización nesta convocatoria, e sendo así o BNG non vai participar nesa maniobra de confusión.

Parécenos que o tema ten a trascendencia e é de suficiente calado político como para ter que andar a xogar con unha convocatoria que o PSOE lanzou, cando lle pareceu, mais que tenta facer á medida para algunha cuestión de carácter partidario.

Así é que aínda así estaremos vixiantes do resultado da reunión e ao mesmo tempo reiteramos que o tema da reunión ten a suficiente importancia como para facer unha convocatoria seria e con garantías para abordar algo tan serio como é o futuro dunha comarca.

Beatriz Bascoy. Alcaldesa de Moeche.
Juventino Trigo. Alcalde de Fene.
Secundino García. Alcalde de San Sadurniño