O BNG volve a mobilizarse na defensa dos servizos ferroviarios en Ferrolterra
25 de outubro de 2025. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrolterra acompañou, unha vez máis, ao Foro Cidadán polo Ferrocarril na viaxe reivindicativa entre Ferrol e Pontedeume.
Cargos orgánicos e institucionais do BNG como a alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, os deputados no Parlamento Galego, Mon Fernández e Xosé Manuel Golpe, os portavoces municipais de Ferrol, Cabanas ou Pontedeume ou a responsábel comarcal participaron neste acto.
O BNG coa participación neste acto quere manifestar o seu compromiso na defensa das conexións ferroviarias da nosa comarca, coa necesaria e urxente modernización das infraestruturas e o aumento de servizos e frecuencias así co decálogo reivindicativo do Foro.
O BNG considera que a nosa comarca non pode continuar sendo discriminada e urxe aos gobernos central e autonómico a implementar as medidas que sexan precisas para revertir esta situación e que Ferrolterra conte cun tren que o conecte co resto de Galiza e do Estado.