O BNG redobra actuación institucional para a creación do Fondo para a compensación das vítimas do amianto

Rolda de prensa amianto

As emendas presentadas polo PSOE no Congreso desvirtúan completamente a Proposición de lei para a creación do Fondo de compensación.

O deputado no Congreso, Nestor Rego, ven de presentar as achegas do BNG á Proposición de lei, mentres o deputado Mon Fernández promove no Parlamento Galego unha declaración a favor de manter a natureza e os obxectivos da Proposición de lei

 deputado do BNG no Parlamento Galego "Mon" Fernández, acompañado do presidente de AGAVIDA, Xoan Xosé Pita, compareceron en rolda de prensa para abordar a situación actual do Fondo para a compensación das vítimas do amianto. Ccmparecencia que se produce nun momenno no que, cando por fin se desbloqueou a tramitación da Proposición de lei para a creación dun Fondo de compensación para as vítimas do amianto, que levaba paralizada no Congreso dos deputados e deputadas desde maio do ano pasado, apareceu a sorpresa coa que ninguén contaba.

Segundo o deputado do BNG "as emendas presentadas polo Grupo Socialista no Congreso son realmente unha emenda á totalidade, desvirtuando completamente o espírito e os obxectivos a Proposición de lei remitida no seu día polo Parlamento Vasco, até o punto de deixar sen cobertura ás persoas afectadas que estean percibindo calquer tipo de pensión ou prestación da Seguridade Social"

Mon Fernández e X. Xosé Pita coincidiron no feito de que "as emendas presentadas polo Grupo socialista veñen de provocar airadas reaccións, sobre todo por parte das Asociacións de Vítimas. Pola súa parte o Parlamento Vasco vai aprobar na sesión da semana que ven unha declaración instando aos grupos políticos do Congreso a procurar o máximo consenso posíbel na aprobación da súa proposta mais conservando o espírito do texto inicial"

No decurso da rolda de prensa deuse conta de que o deputado do BNG, Nestor Rego, presentou tamén as emendas, elaboradas a partir das recomendacións e demandas que nos foron trasladadas no seu día por AGAVIDA, e que neste sentido, teñen como finalidade contribuír a unha mellor cobertura de todas as persoas afectadas e a un funcionamento do Fondo áxil e simple, que facilite a realización dos trámites que sexan necesarios. 

Ao mesmo tempo, e dada a transcendencia que pode chegar a ter a posición actual do Grupo socialista no Congreso, o deputado Mon Fernández ven de rexistrar unha iniciativa para que o Parlamento Galego, igual que o Vasco, se pronuncie a favor de preservar a natureza e obxectivos orixinais da Proposición de lei.

As emendas presentadas polo BNG poden resumirse en:

1.     garantir a cobertura de todas as persoas afectadas

◦ das persoas herdeiras

◦ das que non presentaran acción legais en prazo

◦ paralización de prazos para presentación legais coa solicitude ao Fondo

2.     garantir que a aceptación da indemnización que propoña o Fondo inclúa o recargo de prestación no 50%

3.     garantir a participación das asociacións de vítimas e da comunidade científica na Consello reitor do Fondo

4.     garantir a presenza da Xunta de Galiza e do SERGAS, na estrutura periférica do Fondo