O BNG presenta no Parlamento Galego unha batería de iniciativas sobre a producción marisqueira na Ría de Ortigueira

Visita do deputado Mon Fernández a Ortegal
O deputado do BNG Mon Fernández e Carlos Castro Durán, novo portavoz municipal nacionalista no Concello de Cariño, reuníronse co colectivo de mariscadoras da confraría de Cariño, que levan un ano sen ingresos e pagando seguridade social

A baixada da produción nos bancos que explota a confraría de Cariño, na ría de Ortigueira, ven de anos atrás, mais este último foi absolutamente en branco.

O colectivo de mariscadoras, xa moi reducido, ven advertidon á Xunta desta situación, quen por outra banda ten constancia polas mostraxes realizadas polo persoal técnico da Consellaría do Mar, e xa celebraron varias reunións coa Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo, sen que até o de agora se teña conseguido corrixir a situación.

Segundo o deputado nacionalista "desde o colectivo denuncian que as alternativas propostas pola Xunta non resolven nin o problema da produción marisqueira da ría, nin o máis grave que se deriva desta situación, a falta de ingresos e a obriga de asumir os pagos de seguridade social e outros custos" engadindo que "a Xunta facilita semente de diferentes variedades de ameixas ás mariscadoras, mais todas morren antes de chegar á talla comercial"

Mon Fernández súmase á proposta do colectivo "que demanda a realización dun estudo integral da ría que poida determinar as causas, e apunta algunhas posibilidadees, como o impacto de certos dragados realizados na ría, ou á contaminación por verquidos industriais. Hipóteses que habería estudar para poder descartar ou corrixir"

Neste sentido precisamente vai a batería de iniciativas presentadas polo BNG no Parlamento Galego, instando á Xunta a realizar ese estudo integral e procurar solucións económicas que podan paliar a falta de ingresos do colectivo mentres non  se recupere a produción.