O BNG apoia a manifestación do 30 de novembro en defensa do ferrocarril en Ferrolterra
Ferrol 26 de novembro de 2025. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrolterra compareceu esta mañá acompañadas de representantes do Foro Cidadán polo Ferrocarril para manifestar o seu apoio á mobilización que percorrerá as rúas de Ferrol, o domingo día 30, en defensa dun tren do século XXI para a nosa comarca e facer unha chamada á sociedade comarcal para secundar esta convocatoria.
Pilar Lozano, Responsábel Comarcal do BNG, lembrou que a organización nacionalista leva defendendo con firmeza desde hai máis de 3 décadas a modernización real e efectiva do ferrocarril para superar unha situación de incomunicación que a nosa comarca arrastra “sine die”. Lozano afirmou que o tren é un elemento chave para avanzar nun modelo de mobilidade sustentábel e eficaz que contribúe a vertebrar o territorio e que permite fortalecer a cohesión social, facilita o acceso a estudos, ao emprego, a realizar con normalidade as xestións cotiás e ademais para que poidamos ter o necesario desenvolvemento económico que precisa a comarca.
Para o BNG a modernización do ferrocarril é imprescindíbel, necesitamos mais investimentos máis compromisos e mais visión de futuro. É urxente aumentar as frecuencias Ferrol- A Coruña e garantir unha conexión eficiente co Ortegal tendo en conta que actualmente contamos cunha liña moi deficiente e moi pouco fiábel que non da resposta as demandas da poboación.
Món Fernández
Pola súa parte, o Deputado Món Fernández, sinalou que é fundamental a mellora de todas as conexións ferroviarias da comarca tanto da liña Ferrol-Ribadeo como da liña Ferrol-A Coruña.
Fernández afirmou supón un auténtico desleixo a falla de interese dos gobernos por facer do ferrocarril o servizo que transporte que tiña que ser e convertelo nun auténtico eixo vertebrador para o pais.
Resaltou o papel que xoga a liña de ancho métrico na conexión co Ortegal e con toda a costa até Ribadeo. O antigo FEVE é un tren que ten que xogar un papel de proximidade fundamental e que está padecendo unha situación intolerabel para o século XXI debido a súa alta de fiabilidade.
Fernández avogou por mellorar o mantemento da liña e cualificou de fundamental que a Xunta tome cartas no asunto e asuma a transferencia deste servizo e se aumenten os investimentos.
En canto a liña Ferrol- A Coruña indicou que esta ten que xogar un dobre papel: o de transporte de proximidade e o de conexión directa coa Coruña. Pediu que se resolva e licite a construción do by-pass de Betanzos e se proceda a electrificación e a duplicación da vía.