O concelleiro do BNG de Narón, Geno Carballeira, denuncia que entra auga a caldeiros

O BNG levará ao parlamento as demandas do IES As Telleiras

estado no que se atopa o IES As Telleiras

Unha representación do BNG de Narón encabezada polo concelleiro, Geno

Carballeira, máis a responsábel comarcal da organización, Pilar Lozano, e o deputado no Parlamento Galego, Mon Fernández, visitou o centro xunto con representantes da ANPA.

 

Estamos a falar dun centro de ensino no que conviven 600 alumnos e alumnas e 50 docentes, dividido en varios edificios, ESO, bacharelato e salón de actos, que están moi deteriorados.

 

Os nacionalistas puideron comprobar o mal estado das fachadas, tellados e cubertas, que provoca a entrada de auga en grandes can􀆟dades tanto nas aulas como, sobre todo, en zonas de paso, especialmente na entrada do edificio da ESO, habitualmente chea de caldeiros recollendo a auga das pingueiras, ou as zonas cubertas que rodean o salón de actos, que tamén filtran auga en grandes cantidades e presenta un aspecto perigoso.

 

Tamén as instalacións eléctricas dos dous edificios (ESO, bacharelato) están en mal estado. De feito non superaron a inspección obrigatoria por múl􀆟ples deficiencias,especialmente dos cadros eléctricos, e 1 dos 2 grupos electróxenos cos que conta o centro para situación de emerxencia 􀆟vo que desactivarse por motivos de seguridade, polo que en caso de falta de subministro eléctrico o edificio de bacharelato quedará sen servizo.

 

Outro problema importante é a falta de ascensor ou elevador no edificio de

bacharelato, polo que o primeiro andar resulta inaccesíbel para calquer persoa con mobilidade reducida, un asunto que fará parte das propostas que o BNG trasladará, tal como anunciaron os portavoces nacionalistas.