O BNG leva ao Parlamento Galego a crise de Galicia Textil

Mon Fernández e Mercedes Tobío con representantes de Galicia Téxtil

O deputado do BNG, Mon Fernández, e a responsábel comarcal, Mercedes Tobío, estiveron reunidas ao mediodía do pasado vernes coa representación do persoal de Galicia Téxtil e acordaron impulsar unha batería de iniciativas parlamentarias.

A comezar por solicitar a intervención da Xunta de Galiza para que participe xunto coa empresa e a parte social nun foro de negociacións que procure unha saída acordada á actual situación.

Unhas negociación actualmente en punto morto por causa da negativa da empresa a valorar calquer alternativa que non sexa realizar os 20 despedimentos inicialmente propostos.

Ademais de demandar a participación da Xunta para evitar a perda de emprego, o BNG solicitará toda a información relativa á concesión hidroeléctrica da PRESA DO REI, no Río Grande de Xuvia, da que é titular a empresa, así como sobre a situación da instalación de coxeración de gas natural e o punto de evacuación de enerxía.

Desde o BNG agardan unha pronta intervención da Xunta de Galiza para evitar os despedimentos, e acadar unha solución acordada.